Unha vez máis, moitísimas grazas por implicarse nas actividades escolares dos vosos cativiños. Chegan ao colexio contentísimos coas súas aportacións.
LAZO LILA
martes, 31 de mayo de 2016
domingo, 24 de abril de 2016
Proxecto: As flores, as abellas e as plantas aromáticas.
Chegou o terceiro trimestre e iniciamos un novo proxecto: As flores, as abellas e as plantas aromáticas. Estamos afanados aprendendo unha chea de cousiñas. Os cativos e cativas todos os días sorpréndenme con todo tipo de aportacións que están a facer para o noso novo recuncho. Sodes increíbles familias: moitísimas grazas por colaborar tanto, tanto e tanto.
O venres marchamos de excursión á Casa das Abellas. Pasámolo xenial. Ollade as fotografías...non perderon detalle. Inolvidable a excursión cos meus pequenos. Grazas profe María por axudarnos tanto na excursión coma no cole, sempre tan pendiente, non sabes estarte quietiña nin un segundiño.
domingo, 3 de abril de 2016
REMATAMOS O PROXECTO DO UNIVERSO
Chegamos ao final do noso proxecto do Universo. Aquí vos deixo unhas instantáneas do moito que disfrutaron os pequenos da merendola que lles preparamos o venres. Volvo a darvos as grazas pola vosa participación e colaboración na posta en práctica do proxecto. Enchimos dun montón de cousiñas o noso recuncho do Universo. GRAZAS, grazas e grazas.
CONTACONTOS KALANDRAKA
Fai uns días tivemos a visita no colexio de dous profesionais da Editorial Kalandraka que nos deron a oportunidade de disfrutar dunha sesión de contacontos con acompañamento musical. Os nenos disfrutaron moito.Xa sabemos todos e todas a importancia que ten o conto no desenvolvemento de cada cativiño: indispensable.
Día da Muller Traballadora: RUEIRO DE A CORUÑA
O día internacional da Muller Traballadora, tamén chamado día internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en pe de igualdade co home, na sociedade e no seu desenrolo íntegro como persoa. Celebrámolo o día 8 de marzo. No colexio participamos todos. Na nosa aula elaboramos dous murais moi xeitosos relacionados coa vida de Teresa Herrera. Un dos murais está exposto no corredor do colexio e o outro no centro cívico de Eirís. En representación da aula do lazo lila (Valentina, Annelis, Roi, Leo e Lucas) achegáronse ao colexio a recoller un diploma e un agasallo para darnos as grazas pola nosa participación.
sábado, 5 de marzo de 2016
ESTRELIÑA FUGAZ
Fumos de visita á Casa das Ciencias a visionar a película da Estreliña Fugaz. Os pequenos estiveron moi pero que moi atentos. Os cativos non deixaban de observar todo o que íba acontecendo ao longo da película. Pasáronno xenial.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)