domingo, 26 de abril de 2015

JAZZ ANIMADO

O venres pasado, chegamos ao colexio e logo en compañía de todos os demais raparigos de infantil marchamos de excursión ó Palacio da Ópera. Os pequenos non perderon detalle do concerto de JAZZ ANIMADO que estivemos a escoitar. Non debemos de olvidar a importancia da música nos máis pequenos e que todos os xéneros musicais están moi presentes, xa desde moi pequeniños.

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do Libro, ocurríusenos diseñar estes marcapáxinas orixinais para que os nenos os poidan levar para as súas casiñas, e por suposto, os empreguen en moitas ocasións. Recordade que a lectura desperta nos máis pequenos todas as emocións posibles: alegría, tristeza, asombro, sorpresa...un tesouro moi preciado o da lectura.

domingo, 19 de abril de 2015

RECUNCHO DE SORPRESA, SORPRESAAAA....

O noso rincón empeza a encherse de cousiñas moi pero que moi simpáticas para poder investigar e aprender un montón de cousiñas relacionadas coa AUGA. Contos, puzzles, xogos...todos participamos.

DE EXCURSIÓN A MARÍA PITA

Esta semana marchamos de excursión ó centro da cidade. Que casualidade. Estamos a traballar o noso proxecto da Auga. Os raparigos estiveron moi pero que moi atentos a todo o que aprendimos desta gran heroína, e disfrutaron do lindo imitando as batallas que se levaron a cabo entre os coruñeses e os ingleses...Dentro duns días volverán a nosa aulas ilustres personaxes...xa vos iremos informando.

jueves, 16 de abril de 2015

XA TEMOS 5 ANIÑOS COA CHEGADA DA PRIMAVERA

Víctor, Lucas e Alexandra, Candela e Valentina xa chegaron aos cinco. Foi un día especial, foron os protagonistas da aula. Achegaron os seus agasallos á aula do laciño lila e os demais raparigos agradecéronllelo debuxándolles uns debuxiños moi pero que moi orixinais. Deíxovos aquí unhas instantáneas.

miércoles, 15 de abril de 2015

NAIARA, A NOSA NOVA AMIGA



Esta semana incorporouse á aula do laciño lila unha nova alumna, chámase NAIARA, unha linda pequena que o primeiro día estaba un pouquiño disgustada, pois atópase triste porque tivo que deixar aos cativiños e cativiñas do colexio do que ven. Arroupámola moito, estivemos moi pero que moi pendientes dela para que tamén sexa moi feliz no noso colexio.

Augusta e os seus medos

Esta semana estivemos tamén a escoitar no salón de actos un contiño ben bonitiño. Os pequenos non perderon detalle. Ánimovos a que o leades con eles, gustoulle moito pero moitísimo.

miércoles, 8 de abril de 2015

O noso novo proxecto: "A AUGA"


Rematamos o noso proxecto adicado á estación do Inverno e ao Polo Norte...e xa estamos a voltas coa nosa cabeciña para ir pouquiño a pouco dandolle forma ó proxecto o que lle adicaremos o noso tempiño ao longo deste terceiro trimestre, o cal leva por título " A AUGA".
Esta semana chegou á aula do laciño lila, unha plantiña chamada ALEGRÍA. Decidimos cuidala, darlle moitos mimos para que ao longo da primavera vote as súas floreciñas de cor rosa. 

CONTACONTOS EN FAMILIA

Fai unhas semaniñas iniciamos os contacontos en familia, actividade que xa levamos a cabo o curso pasado. Xa se achegaron ao colexio algún familiar dos picariños e picariñas do laciño vermello e do laciño azul. Pero hoxe tocoulle o turno á mamá do noso Unai. Non hai nada máis que decir que fixarse nas imaxes...como soe decir o refrán "UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS".