domingo, 22 de marzo de 2015

GUSANO LECTOR

Como xa sabedes fai unhas semaniñas naceron nas nosas aulas os gusaniños lectores. Pouquiño a pouco van medrando...os nenos traen moi contentos a actividade que se deriva da lectura do conto. Os pequenos enseñan moi entusiasmados o seu debuxiño ao resto da clase, e logo contan con moito coidadiño cantos circuliños ten a barriguiña do seu gusano lector...por certo o día que fixemos a visita a Biblioteca do Castrillón Lola e Antía non estaban polo que a profe Raquel acompañounas a realizar o préstamo outro día...aquí vos deixo unhas instantáneas. Irene fixera un préstamo dun libriño un pouquiño difícil de entender e foino cambiar por outro un pouco máis sinxelo.







REMATAMOS O PROXECTO DO INVERNO

Ao longo deste trimestre estivemos a estudiar un pouquiño sobre a estación do Inverno e do Polo Norte. Investigamos sobre as familias, vestimenta, alimentos, transportes e vivendas que atopamos no Polo Norte. Tamén repasamos todo o que sabemos do inverno e intentamos experimentar un anaquiño coa lectura e escritura dos alumnos.
PESCAMOS PEIXIÑOS...SOMOS ESQUIMAIS
Intentamos concentrarnos para pescar moitos peixes. INTENTAMOS CONSTRUIR UN IGLÚ

De excursión ao MAC


A semana pasada estivemos de excursión. Visitamos o MAC "Museo de Arte Contemporáneo" para contemplar a exposición " Y la Luz se hizo". Esta exposición acércase ó traballo de varios artistas onde a luz actúa como eixo central. Experimentamos coa luz ultravioleta en talleres que achegaron aos cativos unha vez rematada a visita a través de (puzzles, caretas e unha divertidísima obra de arte). 

SOMOS UNS ARTISTAS

Rematamos a nosa obra adicada a Paul Klee. Os nosos pequerrechos son uns artistas. Estaban moi pero que moi concentrados para non sairse nadiña. Algúns cativiños quixeron seguir as cores empregadas por Paul Klee, outros foron por libre... o importante é que todos o pasaron xenial.

domingo, 8 de marzo de 2015

CHEGOU O BO TEMPO

Chegou o bo tempo e parece que coincide coa chegada das nosas saídas: fai uns días visitamos o Forum, onde poidemos visionar unha obra de teatro que leva por título "Se eu fose maior...". Os cativos estiveron moi pero que moi atentos. Deixovos aquí unhas cantas fotiños para que podades votar unha ollada.

CASTLE AND SUN

Aproveitando que fai unhas semaniñas acompáñanos na aula Lucía, alumna de prácticas da Facultade de Maxisterio, decidimos continuar coa nosa investigación sobre Paul Klee. Nesta ocasión eleximos para a ocación un cadro que pintou, e que leva por título "CASTLE AND SUN". A primeira actividade que levamos a cabo foi a de crear un puzzle con esta obra, colaboraron todos os cativiños. Quedounos a verdade moi bonitiño. Por suposto todo coa axuda de Lucía.

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

Fai uns días as profes dos rapaces de 4 anos fumos facerlle unha visita a biblioteca do Castrillón, as rapazas que traballan nela querían que fosemos facerlles unha visita acompañadas dos nosos pequerrechos.


Cando estábamos sentadiños na asamblea explicandolles aos pequenos o que nos dixeran as rapazas da Biblioteca chamou á porta Raquel "traía un paquetiño, que lle entregara facía un anaquiño o carteiro ". Os nenos estaban moi pero que moi emocionados, que nos trouxeron profe?. Abrimos o paquete, e descubrimos unha carta, un CD e un anaquiño de lá. Na carta explicábannos que nuns prados galegos vive unha ovella chamada Tecelá, que se atopa moi pero que moi triste, pois fai uns días o granxeiro anuncioulle que a ían a rapar.....!!!!!. 


Decidimos facer de detectives e investigar porque  e para que quere o granxeiro facer tal cousiña... e que mellor sitio que visitar a biblioteca do Castrillón para informarnos e axudarlle a ovelliña Tecelá. Pasámolo pipa...ollade un pouquiño.
Estivemos escoitando moi atentos sentadiños a Ana e a María, contarnos varios contos, e por suposto coñecimos a ovelliña Tecelá. Pasáronno moi pero que moi ben...

e antes de marchar, escollimos un contiño para poder levar ao colexio...nas próximas semanas continuarei contándovos que sorpresiña estamos preparando para fomentar a lectura nos nosos cativiños.



viernes, 6 de marzo de 2015

XA TEMOS 5 ANIÑOS: cumples de febreiro

Roi, Natalia e Lola, moitos parabéns. Os meus cativiños medran moi pero que moi rápido. Roi, Natalia e Lola cumpliron no mes de febreiro cinco anos. Moitas grazas aos tres polos agasallos que lles achegastes aos demais compañeiros e compañeiras da aula. Cada un deles disfrutou na aula de ser o protagonista de cumplir cinco anos, que como di o dito: non se cumplen todos os días.