sábado, 14 de febrero de 2015

FESTA DO ENTROIDO

Chegou o día de disfrazarnos no colexio. Este ano eleximos a temática dos pintores, xa que estamos a traballar ó artista Paul Klee ao longo de todo o curso. Como non podía ser doutro xeito, están guapísimos e guapísimas...encántame ver que felices son os nenos e como disfrutan desta festa. Aquí vos deixo unhas instantáneas para que vexades que ben o pasaron.

jueves, 12 de febrero de 2015

parecemos PALLASIÑOS

Os nosos rapaciños levan unhas semanas dandolle forma a estos sombreiros tan simpáticos. Mirades que guapiños están os vosos cativiños.

miércoles, 11 de febrero de 2015

QUE PAISAXE MAIS COLORIDA

Que contentiños vamos coas nosas gafiñas...vemos todo de cores...estas gafas son máxicas...encántanos estar no entroido.

martes, 10 de febrero de 2015

QUEN SON?

Continuamos disfrutando desta semana que estamos un pouquiño máis centrados na festa do Entroido. Os pequenos elaboraron unhas máscaras de maneira libre, moi pero que moi coloridas... por certo tedes que descubrir de que neno ou nena se trata en cada fotiño...





miércoles, 4 de febrero de 2015

Chegou ao colexio Polo e Rallitas

Continuamos traballando a estación do inverno, pero hoxe cando chegamos ao colexio atopamos sentadiños nas cadeiras dos encargados a dous bonequiños cunha nota: A nota poñía máis ou menos, que eran un oso polar chamado Polo, e que estaba a pasar unhas vacacións no Zoo de Madrid para visitar o seu primo Rallitas, acercáronse ao colexio porque sabían que estábamos a traballar o inverno, e como Polo vive no Ártico quería que aprendéramos un pouquiño acerca do lugar onde vive...prometeu vir traernos contos, enciclopedias, películas, en definitiva, moita pero que moita información para que podamos aprender un montón.

CHEGOU O ENTROIDO

Xa estamos inmersos na preparación da próxima festa do colexio: O Entroido. Fai unhas semaniñas creamos o recuncho "SORPRESA", no que pouco a pouco van aparecendo xogos e actividades que non esperábamos...estos días establecimos no recuncho unha morea de disfraces que foron achegando os pequenos a través das familias. Como de costume, sempre tan colaboradores.

martes, 3 de febrero de 2015

A CADEA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz, colaborando todos os alumnos do colexio elaboramos unha cadea, cada pequeno decorou un eslabón e no mesmo escribiu unha mensaxe de paz. Ollade que xeitosa quedou a nosa. E moito máis cando a xuntamos co resto do colexio.
Neste día cantamos xuntos a canción que estivemos a aprender ao longo destas semanas: Campás pola paz do grupo Millagas, Cd: Pan de Millo.

domingo, 1 de febrero de 2015

PAZ, PAZ, PAZ

Levamos unhas semanas adicando parte da programación da aula a preparar a chegada do día da Paz. Coloreamos con moito coidadiño o cadro de Picasso "Niña con paloma" e explicamos un pouquiño o significado da pombiña asociado ao concepto de alegría, sorrisos, amor, bicos, abrazos, caricias...
Como xa falamos en artigos anteriores, este curso estamos adicándonos a coñecer un pouquiño máis a obra do pintor Paul Klee. Explicámoslles aos rapaces que David Mckee inspiróuse nel para dar forma ao seu Elmer, "un elefante diferente", ao que querían todos os seus amigos aínda que fóra de moitas cores. Como non podía ser doutro xeito, cada cativiño creou o seu Elmer especial, explicámoslles que ser diferente e moi divertido. Para acompañar ós Elmercillos diferentes tamén compuxemos entre todos os alumn@s de catro anos un puzzle xigante de Elmer. Aquí vos deixo unha presentación do moito que disfrutaron os raparigos con todas as actividades. Cada alumno creou tamén a súa pombiña, con diferentes cores e formas como fai Paul Klee.