miércoles, 4 de febrero de 2015

Chegou ao colexio Polo e Rallitas

Continuamos traballando a estación do inverno, pero hoxe cando chegamos ao colexio atopamos sentadiños nas cadeiras dos encargados a dous bonequiños cunha nota: A nota poñía máis ou menos, que eran un oso polar chamado Polo, e que estaba a pasar unhas vacacións no Zoo de Madrid para visitar o seu primo Rallitas, acercáronse ao colexio porque sabían que estábamos a traballar o inverno, e como Polo vive no Ártico quería que aprendéramos un pouquiño acerca do lugar onde vive...prometeu vir traernos contos, enciclopedias, películas, en definitiva, moita pero que moita información para que podamos aprender un montón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario