lunes, 28 de diciembre de 2015

FELIZ ANO 2016


Moita sorte para todas as familias neste novo ano que está a piques de empezar. Un montón de biquiños e de abrazos para todos os cativiños da miña titoría. FELICES FESTAS!!!!!!

Chegou o Nadal

Os pequenos saben que esta a piques de vir Papá Noel e os Reis Magos as súas casiñas. Para que se alegren moito de pasar polas casiñas de todos os nenos decoramos o noso colexio cunhas manualidades ben xeitosiñas.
 Preparamos unha postal ben bonitiña para felicitar a todas as familias da nosa aula. Os pequenos foron os principais protagonistas na creación das mesmas. 
Chegou o momento de que os máis pequenos da aula cumplan 5 anos. Irene, Leo e Unai disfrutaron moito deste día no que celebramos o seu cumple. Para que non podan esquecer a nosa celebración como noutros meses, nesta ocasión preparamos o postre: Árbore de Nadal... e como di Candela "está riquísima esta árbore". Votade unha ollada...Preparamos con moita ilusión para poder cantar no festival de Nadal do colexio a panxoliña de "dinosauros no nadal". Podedes ver que ben o fixeron os pequenos se entrades na web do colexio onde está colgado o vídeo da actuación. E para despedirnos con gran alegría do noso proxecto dos Dinosauros preparámoslles aos cativiños das tres aulas unha orixinal festa de dinosaurios... aquí vos deixos unhas instantaneas para que podades comprobar que ben o pasaron os pequerrechos.

domingo, 27 de diciembre de 2015

MARCHAMOS DE EXCURSIÓN

Marchamos de excursión ao FORUM. Os pequenos disfrutaron do lindo da obra de teatro que fumos visionar. Votaron unha chea de risas e disfrutaron, en compañía dos alumnos do laciño azul e do laciño vermello, dunha sesión de teatro moi enriquecedora. Un corpo humán, varios elementos cotiáns e unha pizca de creatividade das artistas farán que apareza Faboo, o protagonista de tan fantástica historia.




CONTACONTOS EN FAMILIA



Ao longo deste primerio trimestre viñeron a contarnos uns contiños, unhas persoas moi especiais para os pequenos: as súas familias. Unha actividade que lles resulta moi pero que moi atractiva aos cativos nestas idades. Non quería esquecerme de dar as grazas a todas as familias que puideron acercarse ao colexio para poder facer realidade esta  actividade.





jueves, 24 de diciembre de 2015

CANTO APRENDIMOS: OS DINOSAUROS

Rematamos o noso proxecto dos DINOSAUROS e aprendimos un montonciño de cousiñas. Apradinamos un dinosauro e aprendimos moitas características de cada un deles: cales eran herbívoros, carnívoros ou omnivoros, cales eran bípedos e cales cuadrúpedos, lugares do mundo onde viviron cada un deles, as características das diferentes épocas nas que viviron os diferentes dinosauros, construimos o noso parque jurásico...pensamos cales puideron ser as causas polas que os dinosauros desapareceron...


 

jueves, 17 de diciembre de 2015

OS NOSOS BEBÉS DINOSAUROS

Ao longo destos meses foron nacendo na aula do laciño lila uns cantos bebés dinosauros: Rosita foi a primeira que chegou a decorar a nosa porta, logo parece que se animou a nacer o noso novo amigo do laciño lila:BONITO, é un pequeno tiranosaurio-rex, os pequenos estiveron encantados coa súa presencia. Aproveitando que os pequenos observaron como Bonito naceu cando o oviño foi rachando...adentrámonos un pouquiño máis nesta temática e

 adicamos uns días a facer un estudio máis profundo sobre os OVOS DE DINOSAURIOS, o cal expuxemos pouquiño a pouco no corredor do colexio: aprendemos animaliños que ó igual que os dinosaurios tamén son OVÍPAROS e cales MAMÍFEROS, observamos como a forma e tamaño dos ovos dos dinosaurios varían dependendo de si estamos a falar de dinosaurios carnívoros ou herbívoros, descubrimos que existiron dinosaurios que incubaban os oviños coma os paxaros, que variaban de forma: ovalados e esférico...Os últimos en achegarse a nosa aula foron Estebi e Pinchitos...disfrutamos un montón coa súa presencia na nosa aula.

CUMPLIMOS EN NOVEMBRO

Na última semana do mes de novembro celebramos os cumples de Antía, Zaira e Carla. Nesta ocasión ocurreúsenos elaborar un postre ben xeitosiño, relacionado coa estación do Outono: Ourizos do Outono. Os cativos e cativas disfrutaron como enanos, a verdade e que nos quedaron moi pero que moi curiosiños... e
máis ricos si cabe.

Presentamos a novos habitantes do PAÍS DAS LETRAS

A señora M da montaña, as súas filliñas as xemelas N e Ñ, a señora do silencio S e a doutora T xa chegaron ao País das Letras. Presentámolas e aprendemos a escribilas e a leelas... os pequenos disfrutaron moito coa súa presencia ao longo deste último mes.
Resultado de imagen de habitantes del pais de las letrasResultado de imagen de habitantes del pais de las letrasResultado de imagen de habitantes del pais de las letras

domingo, 15 de noviembre de 2015

FESTA DO MAGOSTO


Para celebrar o Magosto, nesta ocasión, decidimos darlle colorido ao noso colexio con folliñas do outono e creamos unhas simpáticas señoritas (que recordan as nosas castañas e as nosas follas do outono coa súa vestimenta), finalmente elaboramos uns pequenos broches que colocamos nos mandilóns dos raparigos para decoralos pola festiña.

Entre todos aprendimos dúas cancionciñas ben xeitosas...os pequenos disfrutaron con tanta actividade. Por certo, perdoade polos problemas técnicos que tivemos coa megafonía. 


MOITÍSIMAS GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POR ASISTIR E POLA AXUDA.

domingo, 8 de noviembre de 2015

SAÍMOS DE EXCURSIÓN

O mércores día 4 de Novembro marchamos de excursión á Casa das Ciencias. Visionamos no Planetario unha película que se titulaba "La niña que sabía caminar del revés" a cal nos acercou un pouquiño máis ao máxico mundo do ceo estrellado, das fases da lúa... A protagonista aprende a camiñar do revés para ter unha visión máis precisa do que ocorre aló arriba..os pequenos estiveron moi pero que moi atentos. Antes de saír do colexio estivemos a falar, que cando rematemos o noso estudio dos Dinosaurios, adicarémonos a estudiar o Espacio...e se nos é posible voltaremos a Casa das Ciencias para facer un estudo máis profundo do Espacio.

martes, 27 de octubre de 2015

CHEGOU O SAMAÍN


Nesta ocasión decidimos unha vez máis solicitar a colaboración das familias, e como de costume non nos fallaron. Acercaron ao colexio uns monstruiños moi pero que moi terroríficos que axudaron a elaborar aos cativos. Aquí vos deixo unha mostra do bonita que quedou a nosa exposición do Samaín Monstruoso.  A continuación e nos seguintes días, os pequenos tiveron a oportunidade de elaborar cos seus mounstros unha pequena historia... foi toda unha experiencia. Con todos estos contos construimos un libriño interactivo de historias elaboradas integramente polos cativos. IMPRESIONANTE...quedou o traballiño dos pequenos...a volta da festa do Samaín mostrareivos o resultado.
Familias, moitísimas gracias pola vosa colaboración.
Nesta ocasión os alumnos elaboraron para o Samaín as súas pantasmas en forma de tobogán e como é tradición as súas orixinais cabaciñas.

Nesta semana adicada a celebrar o Samaín levamos a cabo unha iniciativa que partíu do Equipo de Normalización Lingúística do colexio: familias dos pequenos achegáronse a contarnos contiños de medo ao colexio. Moitas gracias novamente, ás familias do laciño lila que colaboraron nesta proposta.

ARAÑAS DO SAMAÍN: FELICIDADES CLAUDIA

Como xa fixemos no mes de setembro, nesta ocasión adicamos esta última semaniña do mes de outubro a celebrar o aniversario de Claudia, a pequena xa cumple 5 anos. Foi un día moi especial para ela. Elaboramos a súa coroa con motivos relacionados coa festa do Samaín, cantámoslle o cumpleanos feliz e por suposto soplamos a veliña dos cinco anos, unha vez que elaboramos o noso postre monstruoso... os pequenos pasáronno de medo...

sábado, 17 de octubre de 2015

Presentamos ó panadeiro P, ó leiteiro L, e á señora da montaña M.

O curso pasado coñecimos un país chamado Letrilandia e tamén ós reis que reinaban nel, así como ós tres principiños. Este curso iremos presentando cada semana outros habitantes que conviven coa realeza no pais das Letras. Aprenderemos a trazar os seus vestidiños tanto en maiúscula como en minúscula, aprender a ler e escribir coa axuda deles... unha experiencia inolvidable.




Presentamos ao longo deste mes de outubro a tres novos habitantes do país das letras: o panadeiro P, o leiteiro L e a señora da montaña M. Aprenderemos a leelas e a escribir palabriñas xogando con elas no noso recuncho das letras e dos números. 

Podedes practicar cos vosos pequenos, aquí deixovos algún enlace que pode ser do voso interés
www.escuelaenlanube.com/la letra p
www.escuelaenlanube.com/la letra l
www.escuelaenlanube/la letra m...





sábado, 10 de octubre de 2015

CUMPLEANOS FELIZ!

Como xa explicamos na reunión ás familias o 28 de setembro, este ano decidimos celebrar os cumples dos nosos raparigos por meses. Para celebrar os aniversarios, soplaremos as veliñas,cantaremos o cumpleanos feliz,e por último elaboraremos entre todos unha receta ben, ben sabrosa. David, Daniel e Gabriel estiveron de aniversario no mes de setembro. Preparádevos para votar unha ollada, foi un día moi especial para os tres e tamén para o resto do alumnado. Dispostos a celebrar os aniversarios dos nenos que estaban de cumple en setembro, entramos na aula pola mañá e atopámonos cunha abeliña moi simpática que lucía unha coroa ben bonitiña, explicounos que viña disposta a pasar con nos este curso e que uns paxaros amigos lle contaran, que hoxe celebrábamos uns cumples e quería apuntarse á festa. A nosa encargada do día quixo facer unha fotiño con ela.




LAGARTOS DE ESCHER




Escher, artista holandés conocido polos seus debuxos  teselados. 
Un teselado é un patrón de figuras que cubre unha superficie pero non poden quedar ocos e tampouco superpoñerse figuras, teñen que estar perfectamente empatadas. Concentrados, intentámolo e pouco a pouco fumos capaces de crear un mosaico ben xeitoso.

viernes, 9 de octubre de 2015

MES DE SETEMBRO

Chegou o momento de volver ao colexio. Os nenos cóntanme con moito entusiasmo o ben que o pasaron durante as vacacións de verán. Outro aniño xuntos. Xa somos os maiores de infantil... que rapidiño pasa o tempo. Ao longo deste trimestre iniciamos unha nova aventura que está moi pero que moi relacionada cos DINOSAURIOS. Aquí vos deixo unhas instantáneas da sorpresa coa que se atoparon os pequenos o primeiro día de cole.

Por certo, foi un día cheiño de sorpresas, temos unha nova compañeira, chámase Rebeca Seco Rivas e ven para quedarse (intentamos darlle un montón de abrazos, xogar con ela no patio, ser amigos e amigas dela para que veña moi contenta ao noso colexio. 
Para que os nosos dinosaurios queden encantados nada máis nacer, ocúrresenos a xenial idea de decorar a nosa porta da aula cunha dinosauria, por certo chámase Rosita (Rebeca ponlle o nome, decidimos que sexa ela a que bautice a nosa dinosauria, por acabar de chegar fai uns días ao colexio), participamos todiños na creación de Rosita.

miércoles, 24 de junio de 2015

ANTES DAS VACACIÓNS DE VERÁN

Estas últimas semaniñas estivemos bastante atareados.
FESTA PIRATA

Nestos días celebramos para rematar o noso proxecto da auga a festa pirata, e como non podía ser doutra maneira decidimos ir en busca do Tesouro, que por certo estaba moi pero que moi delicioso.

DESPEDÍMONOS DE LOLA
Despedímonos da nosa Lola que o próximo curso irá a outro colexio. Vámola votar moitísimo de menos. Xa sabe que estivemos encantados de vivir na súa compañía un montón de aventuras ao longo destos dous cursos escolares. Moita sorte na túa nova andadura pequena.





VISITAMOS  A NOSA ALEGRÍA
Cando chegou ó colexio non tiña floreciñas pero coa chegada do bo tempo e co solete que estivo acompañándonos ao longo desta primavera  e por suposto cos cuidados e carantoñas que lle deron os pequenos da aula do laciña lila... así de preciosa está. 



Finalmente quería desexarvos a todas as familias e en especial aos pequenos e pequenas da miña titoría un FELIZ VERÁN... disfrutade todo o que podades deles.

VEMONOS EN SETEMBRO.