lunes, 28 de diciembre de 2015

Chegou o Nadal

Os pequenos saben que esta a piques de vir Papá Noel e os Reis Magos as súas casiñas. Para que se alegren moito de pasar polas casiñas de todos os nenos decoramos o noso colexio cunhas manualidades ben xeitosiñas.
 Preparamos unha postal ben bonitiña para felicitar a todas as familias da nosa aula. Os pequenos foron os principais protagonistas na creación das mesmas. 
Chegou o momento de que os máis pequenos da aula cumplan 5 anos. Irene, Leo e Unai disfrutaron moito deste día no que celebramos o seu cumple. Para que non podan esquecer a nosa celebración como noutros meses, nesta ocasión preparamos o postre: Árbore de Nadal... e como di Candela "está riquísima esta árbore". Votade unha ollada...Preparamos con moita ilusión para poder cantar no festival de Nadal do colexio a panxoliña de "dinosauros no nadal". Podedes ver que ben o fixeron os pequenos se entrades na web do colexio onde está colgado o vídeo da actuación. E para despedirnos con gran alegría do noso proxecto dos Dinosauros preparámoslles aos cativiños das tres aulas unha orixinal festa de dinosaurios... aquí vos deixos unhas instantaneas para que podades comprobar que ben o pasaron os pequerrechos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario