jueves, 17 de diciembre de 2015

OS NOSOS BEBÉS DINOSAUROS

Ao longo destos meses foron nacendo na aula do laciño lila uns cantos bebés dinosauros: Rosita foi a primeira que chegou a decorar a nosa porta, logo parece que se animou a nacer o noso novo amigo do laciño lila:BONITO, é un pequeno tiranosaurio-rex, os pequenos estiveron encantados coa súa presencia. Aproveitando que os pequenos observaron como Bonito naceu cando o oviño foi rachando...adentrámonos un pouquiño máis nesta temática e

 adicamos uns días a facer un estudio máis profundo sobre os OVOS DE DINOSAURIOS, o cal expuxemos pouquiño a pouco no corredor do colexio: aprendemos animaliños que ó igual que os dinosaurios tamén son OVÍPAROS e cales MAMÍFEROS, observamos como a forma e tamaño dos ovos dos dinosaurios varían dependendo de si estamos a falar de dinosaurios carnívoros ou herbívoros, descubrimos que existiron dinosaurios que incubaban os oviños coma os paxaros, que variaban de forma: ovalados e esférico...Os últimos en achegarse a nosa aula foron Estebi e Pinchitos...disfrutamos un montón coa súa presencia na nosa aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario