domingo, 16 de noviembre de 2014

PROXECTO O CORPO I

Recursos infantiles
Aquí vos deixo xogos cos que os vosos cativiños aprenderán xogando sobre os sentidos.

MOITÍSIMAS GRACIAS

Moitas gracias a todas as familias e tamén aos vosos pequenos por alegrar a miña volta ó colexio con tremendo agasallo para a miña criatura. 
Moitos abrazos e bicos.

XA TEMOS CATRO ANIÑOS

Antía, Daniel, Claudia, Virginia, Daniel e David xa teñen catro aniños...xa estamos na aula de 4 anos. Moitas felicidades meus cativiños.

O MAGOSTO XA ESTÁ AQUÍ

Un ano máis celebramos a festa do magosto...este ano decidimos aprender dúas cancións que cantamos o día da festa. Deíxovolas aquí para que vexades que ben as aprenderon os cativiños.





Chegou o día, ao longo da semana colaboramos con todo o colexio na elaboración do mural do Magosto coas nosas simpáticas castañas da aula lila, aproveitamos e fixemos unhas fotiños e xogamos a descubrir no mural onde se atopaban: os esquíos, os cogomelos, os gaiteiros,a castañeira...    
     Todos os cativos chegan ao colexio coa súa cestiña para a degustación das castañas (charlamos con todos eles de si precisaron axuda para elaboralas). Logo salimos a comer as castañas acompañadas dun pouquiño de leite...todo coa axuda das familias. Moitas gracias pola vosa colaboración.


Dado que nos atopamos na estación do Outono e as castañas son un froito moi sabroso que degustamos nestas datas entre outras, ocurriúsenos a idea de traballar cos rapaces a obra de arte de Guiseppe Arcimboldo. Obra que acercou a nai dun rapaciño da aula de 4 anos A. Arcimboldo levou a cabo a obra "Outono" onde dun xeito moi peculiar representa as diferentes froitas do Outono.











Recursos Infantiles: Proyecto el Cuerpo























Recursos Infantiles: Proyecto el Cuerpo

martes, 11 de noviembre de 2014

CHEGOU O SAMAÍN



Un  ano máis chegou o momento de celebrar a festa do Samaín. Este ano decidimos convertir aos cativiños en pequenos cociñeiros e elaborar o noso particular postre do Samaín. Aquí vos deixo unha mostra do traballo feito polos vosos pequenos.


Ao longo deste trimestre vamos levar a cabo un proxecto de arte que nos ven proposto dende o Equipo da Biblioteca. O pintor escollido foi Paul Klee, apoveitando que pintou o cadro que leva por título "Bailando por medo", que mellor que traballalo nestes días. Ademais permitíunos estudiar as diferentes formas xeométricas.




domingo, 9 de noviembre de 2014

XA ESTOU DE VOLTA

Estimadas familias fai unhas semaniñas da miña incorporación. Pouco a pouco irei actualizando o blog iniciado no curso pasado. Non deixedes de visitalo para velas novidades que iremos incorporando.

lunes, 23 de junio de 2014

FIN DE CURSO 2014

Ola familias!!


Escribo neste blog por última vez e non me quero extender demasiado. Simplemente darvos as gracias pola vosa participación e o interese no proceso de aprendizaxe dos vosos nenos e nenas.

Aqui vos deixo algunhas fotos do último día de clase! E recordarvos que o curso que ven mas mochilas viaxeiras irá un CD con todas as fotos realizadas este curso para que as copiedes e as teñades de recordo.



Nada mais, gracias por todo e feliz verán!




martes, 10 de junio de 2014

VISITA Ó COLE DAS ESCOLAS INFANTÍS GALIÑA AZUL

Boas familias!

Hoxe estou aqui de novo despois de varios días de inactividade para contarvos que nos viñeron a visitar os nenos que para o ano estarán no nóso lugar e serán os máis peques do cole!!

Os nenos e nenas do último curso das escolas infantís Galiña Azul (2 anos) estiveron merendando con nós... e tamén pasamos o recreo todos xuntos!! Ensinámoslles os xoguetes, compartímolos con eles, axudámoslles... todo para que eles se sentiran ben contentos de estar no cole que os acollerá o próximo curso!

Aquí vos deixo algunhas fotos da merenda:





Nada máis, un saúdo a todos e a desfrutar cos nenos do bó tempo!!

viernes, 23 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS

Ola familias!

Hoxe celebramos o día das letras galegas. Ainda que o día propio é o 17 de maio a nós tocounos hoxe facer esa homenaxe a Xose María Diaz Castro.

Aquí vos deixo algunhas fotos do festival de hoxe e dos nenos e nenas de 5º de Primaria, que nos fixeron unha visita para amenizarnos cuns contos moi bonitos.

En canto consiga o video da actuación dos vosos nenos, subireino tamén ao blog para que vexades o ben que o fixeron!! De momento aquí tedes algunhas fotos:




Un saúdo!

martes, 20 de mayo de 2014

CONTACONTOS E CUMPLE AIMAR

Boas tardes familias!

Ainda que con un pouco de retraso...volvo a poñerme en contacto convosco. Hoxe tendo como protagonista a AIMAR!

A semana pasada disfrutamos da compañía do seu psi, que nos veu a contar un contó...e por se iso fora pouco, este luns celebramos o seu cumple...nin mais nin menos que 4 ANOS! Cada vez son mais os nenos e nenas que cambian de número...xa son todos uns campións!

CONTACONTOS:



CUMPLE:



PRONTO TEREMOS NOVAS...ESTAMOS ENSAIANDO DÍA A DÍA A NÓSA ACTUACIÓN PARA AS LETRAS GALEGAS (VEREDES QUE BEN O FAN OS VOSOS NENOS E NENAS),  QUE AINDA QUE XA PASOU O PASADO 17 DE MAIO, NÓS CELEBRARÉMOLO ESTE VENRES.

UN SAÚDO!

miércoles, 14 de mayo de 2014

Saída ós Xardíns de Méndez Núñez

Boas familias!!

Despois de xuntar as fotos da profe Ana e as miñas, xa vos podemos amosar o ben que o pasamos na saída ós Xardíns de Méndez Núñez o pasado xoves.

Coma sempre que facemos unha saída, agardamos polo autobús, que neste caso nos deixou no centro da nósa cidade. Alí estaban agardando dúas monitoras que nos explicaron unha morea de cousas sobre a "nai natureza".

Fixemos montóns de XOGOS, ADIVIÑAS, DESCUBRIMENTOS...

Sen mais, aquí vos deixo a presentación para que vexades o ben que o pasamos.



Un saúdo a todos e anímovos a participar!!

Esta semana teremos mais novidades... 

viernes, 9 de mayo de 2014

PROXECTO JOAN MIRÓ

Boas familias!

Xa estou aquí de novo...e como vos prometín a semana pasada, aquí tedes tooooooodo o que traballamos sobre este gran PINTOR e ESCULTOR, que foi JOAN MIRÓ.



Comezamos aprendendo o que era unha pintura e unha escultura... e agora xa sabemos ata diferencialas cando as vemos!

Cada aula de 3 anos decidimos facer unha das súas obras máis coñecidas...e nós reproducimos "El nacimiento del día". E ainda que somos os máis pequenos do cole, pintamos un cuadro ben grande!!

Ademais, Miró tiña unha firma moi característica... e nós non iamos ser menos e amén firmamos como os grandes artistas.

TODO ESTO QUEDOU PLASMADO NO MURAL QUE PODEDES VER NO COLE... E COMO UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS, AQUÍ VOS DEIXO PARA QUE VEXADES ÓS VOSOS NENOS E NENAS!


PD: Estamos xuntando todas as fotos da profe Ana e as miñas da saída do xoves ós Xardíns de Méndez Núñez...o luns agardo telas todas para que poidades ver o ben que o pasamos e a cantidade de cousas que aprendimos sobre cómo coidar e conservar a natureza.

viernes, 2 de mayo de 2014

Contacontos Valentina e outras NOVIDADES!!

Ola familias!

Estou aquí de novo para comentarmos que o outro día tivemos na clase dúas PIRATAS!! Pero non vos asustedes... eran Valentina e a súa mamá, que nos contaron a coñecidísima "Canción del pirata", de José Espronceda. Aquela que di...


Ademais, despedíronse memorando a Rosalía de Castro co seu "Adiós ríos, adiós fontes..."




Por outra banda, tamén vos quería comentar que xa temos nova data para a saída ós Xardíns de Méndez Núñez, será este XOVES 8 DE MAIO.

E outra cousa máis... seguimos avanzando na nosa obra de Joan Miró. Xa coñecemos moitas cousas sobre él e estamos a piques de rematar a súa obra "EL NACIMIENTO DEL DÍA". Estade atentos ó blog porque a próxima semana veremos o resultado da nosa obra!!

Un saúdo a todos e boa fin de semana!

domingo, 27 de abril de 2014

23 ABRIL - DÍA DO LIBRO: barreiras arquitectónicas

Boas outra vez familias!

O pasado mércores 23 DE ABRIL e coincidindo co DÍA DO LIBRO viñeron a facernos unha moi grata visita. Dous rapaces moi simpáticos viñeron a darnos unha gran lección sobre como se pode facer ver ós nenos e nenas os problemas que nos atopamos diariamente coas barreiras arquitectónicas... e sobre todo, facernos reflexionar sobre as dificultades dalgunhas persoas para superalas.

 E todo isto dende un punto de vista moi entretido de ver para os nenos, que o pasaron en grande vendoos e aprenderon moitísimo!

 Aquí vos deixo unha pequena presentación coas fotos da representación:



 PD: A saída ós xardíns de Méndez Núñez do xoves tívose que anular por causas meteorolóxicas como xa sabedes. Non estou seguro se se poderá realizar outro día ou queda anulada, mantéñovos informados co que vaia sabendo!

 Un abrazo forte e sígovos animando a participar!!!

viernes, 11 de abril de 2014

Vémonos á volta!

Boas tardes familias, nenas e nenos!

Hoxe fago esta entrada para decirvos que disfrutedes cos vosos nenos estas vacacións e que nos vemos nuns días coas pilas cargadas para a recta final reste curso, que terei a sorte de estar con eles.

Ademais, como esta semana tivemos varias datas sinaladas, tamén vos deixo alcunhas fotos que fixemos nas mesmas:

CUMPLE DE VALENTINA:

Xa fai una días celebramos o cumple de Valentina e anida que con algo de retraso, aquí vos deixo as fotos do ben que o pasamos.


VISITA Á BIBLIOTECA:

Cando eu cheguei dixéronme que había unha carta de "Ole", un paxaro moi divertido que nos invitaba a ver a biblioteca e a contarnos una contos. E como non... alí fomos e disfrutamos dun anaco moi entretido.


VISITA Á FUNDACIÓN LUIS SEOANE:

Por último, este xoves fomos ver unha exposición de arte moi especial, porque todo era feito con material pouco habitual... e ademais, despois fixemos nós as nosas propias creacións! Aquí vos deixo a proba.



POIS POLA MIÑA PARTE NADA MAIS, VÉMONOS DE VOLTA O MARTES 22 DE ABRIL.

UN SAÚDO E ANÍMOVOS A PARTICIPAR NO BLOG!


lunes, 7 de abril de 2014

Cumple Candela e contacontos Lola

Boas tardes familias!

Como xa sabedes, as vosas nenas e nenos teñen un novo profe: chámome Javi. Pouco a pouco voume adaptando e intentarei seguir coa actividade deste blog da mellor maneira posible como viña facendo Mar.

E para comezar, xa tivemos varias celebracións e visitas. A semana pasada tivemos a visita da nai de Lola, que nos contou un conto moi interesante e que nos gustou moitísimo. Ademais, tamén celebramos o cumpreanos de Candela!

E pronto faremos unha nova entrada coa celebración do cumpreanos de Valentina... así que sen máis, agardo que vos guste!


miércoles, 2 de abril de 2014

ATA DENTRO DE POUQUIÑO



Teño que marchar para darlle descanso como din os meus raparigos a "Pequeño Castor". Ata a volta. Acabo de marchar e xa vos voto de menos. Un montón de bicos e abrazos para todos os meus alumn@s. Volvo nun abrir e pechar de ollos...

CUMPLEANOS FELIZ

Alexandra, Víctor e Lucas estiveron de cumple. Agasallaron aos cativiños con unha morea de cousiñas. Disfrutaron un montón cada un do seu día.

viernes, 28 de marzo de 2014

GUSTAV KLIMT: SOMOS UNS ARTISTAS

Chegou o momento de rematar o noso proxecto adicado aos "BEBÉS", aquí vos deixo un anaco da obra de Gustav Klimt: "Las tres edades de la mujer" elaborada polos pequenos do lazo lila. Espero que disfrutedes ollandoa.

jueves, 27 de marzo de 2014

O NOSO LIBRO INDIO

Ao longo do trimestre elaboramos o noso libro indio...levounos un tempiño rematalo, pero penso que nos quedou moi xeitoso. Pouco a pouco os nosos cativiños vanse facendo maiores, recoñecen letras, trazan grafías...todos uns artistas.

Adiviña,adiviña...


A profe Maribel leva un tempiño elaborando unha manualidade moi moi xeitosiña con axuda dos rapaces. Adiviñade o que é.

domingo, 16 de marzo de 2014

PROXECTO DOS BEBÉS 4

Ao longo do trimestre pasado e máis deste argallamos poñer no pasillo do colexio unha pequena exposición na que participaron tanto os raparigos como todas as familias. Gracias pola vosa colaboración.
ASÍ ÉRAMOS ANTES DE NACER












ASÍ ÉRAMOS DE BEBÉS

ASÍ SOMOS AGORA


CONTACONTOS MOI ESPECIAIS


Ao longo do mes de marzo e do mes de abril acercaranse ao colexio familiares dos nenos e nenas de 3 anos para contarlles a todos os pequerrechos unha morea de contos. Aquí vos deixo a primeira visita...o raparigo escoitando ao seu pai non perdía detalle e os demais cativiños tampouco. Moitas gracias papá de Daniel por adicarnos un anaco do teu tempo.

OS INDIOS DA TRIBU SIOUX

Cada neno e cada nena coa súa creatividade debúxanse como indios e indias. Ollade que bonitiñas quedaron as súas creacións.

domingo, 2 de marzo de 2014

PROXECTO DOS BEBÉS 3


A profe Mar vai ao doutor/doutora...os doutores e doutoras están moi concentrad@s: elixen entre o estetoscopio, o termómetro, o otoscopio, o tensiómetro, a jeringuilla...non tiven nada, nada de medo...saín moi pero que moi contenta da consulta.


Conversamos sobre as revistas, contos, nanas, e informacións diversas que achegaron as familias para aprender un pouquiño máis sobre os bebés.



Aprendemos o que fan os papás cando o bebé se fai caca ou pis no seu pañal "como din os cativ@s", "huele fatal".



Continuamos avanzando coas nosas aprendizaxes. Falamos dos obxectos que están relacionados cos bebés: biberón, chupete, babero, culler, carrito, cuna... facemos unha BARALLA.      Xogamos a facer parellas, intentamos asociar as imaxes cos nomes dos obxectos...

viernes, 28 de febrero de 2014

PRESENTOVOS A NOSA TRIBU SIOUX

Preséntovos @s integrantes da nosa tribu SIOUX.

VOLVE AXIÑA...PROFE PAULA




Moitas gracias pola túa axuda e colaboración. ¡ MOITA SORTE !.  Esperámoste cos brazos abertos... volve axiña...Á profe Paula elaborámoslle entre todos unha postal moi pero que moi bonitiña, a conductora do tren foi a encargada de darlla. 

CARNAVAL, CARNAVAL...

Este venres 28 celebramos o Entroido da Historia  por todo o alto. Quero  agradecervos a todos a vosa participación.  Deixovos un avance cunha selección de imaxes.

jueves, 27 de febrero de 2014

ENTROIDO II



Ao longo destas semanas adicamonos a reflexionar sobre a cultura india: as súas casiñas, a súa forma de vida, os transportes que empregaban para desplazarse, as súas creencias. Transformámonos en indios e indias, subímonos na nosa canoa e no noso cabalo e construimos o noso totem...ollade as nosas creacións.                                                          




miércoles, 26 de febrero de 2014

ENTROIDO I

Chegou o momento de adicarlle un tempo á preparación dunha festa con moita tradición na nosa terra: "O ENTROIDO". A temática deste ano para o nivel de 3 anos será "OS INDIOS". Os cativ@s empezan a achegar a aula obxectos, contos...e materiais diversos relacionados con este tema.
Ao longo destas semanas adicámonos a buscar o nome para a nosa tribu e construímos o noso tipi .
 Aquí vos deixo o noso primeiro traballiño.

jueves, 20 de febrero de 2014

O NOSO MURAL DO INVERNO

Continuamos aprendendo máis cousiñas sobre a estación na que nos atopamos: "O INVERNO". No Polo Norte viven nenos e nenas que se lles chama ESQUIMAIS levan unha luvas (manoplas) con moitas cores, nunhas casiñas que son os IGLÚS  e alí tamén se atopan uns animaliños moi pero que moi simpáticos os PINGÜINOS...e ademáis fai moito pero que moito frío. Hai un montón de xeo e as veces tamén neva así os bonecos de neve divirtense xogando nos seus trineos.
Aquí vos deixo unha presentación coas nosas creacións.

martes, 18 de febrero de 2014

CUMPLEANOS FELIZ, LOLA e NATALIA

Que felicidade é ver a estas raparigas con tal emoción esperando a chegada dos seus cumpleanos. Decoramos a súa coroa, soplamos as velas, repartimos os agasallos...¡felicidades Lola e Natalia!. 

sábado, 15 de febrero de 2014

RECUNCHO DOS DISFRACES

Creamos un novo recuncho na aula. O RECUNCHO DOS DISFRACES. Aproveitando que estamos  moi preto de celebrar o Entroido no noso colexio decidimos darlle un espacio a este recuncho co obxectivo de que os cativos disfruten de toda esta temática: achegan ao colexio disfraces e expóñenos na aula. O xogo simbólico forma parte central de todos os seus xogos estos días na aula: somos policías,bruxas, bombeiros, vaqueiros, indios, cociñeiros, fadas, princesas, piratas, mexicanos,indios papelotes...un sinfín de experiencias.

jueves, 13 de febrero de 2014

ROI XA TEN 4 ANIÑOS


O noso Roi xa é o maior da clase do lacito lila xunto con Annelis e Lucas. Foi todo un acontecemento. Soplou con todos os seus compañeiros as veliñas, repartiu os agasallos a todos os cativos. Escribeu o seu nome na súa coroa e debuxouse xunta o noso paiaso Plim, Plim. Que bonitiññño.

domingo, 2 de febrero de 2014

30 XANEIRO, DÍA DA PAZ

Levamos unhas semanas adicándolle un tempo a falar do día da Paz. Para poder tratar esta temática empregamos como tema central o cadro de Pablo Picasso "El Guernica", con axuda dos cativos e cativas de 3 anos das aulas da profe Eva e da profe Bea transformamos un cadro que marcou a historia, nunha obra chea de cores alegres que como din os meus pequenos faga que (as persoas e animais que aparecen no cadro se poidan por moi pero que moi contentos e deixen de estar tristes e enfadados).
Para poder dar sentido ao cadro de Picasso contamos o conto de 
Como non podía ser doutro xeito elaboramos as nosas coroas da Paz. Decoraron cada un a súa tira e aproveitamos para poñer o noso nome a nosa pombiña.

O día 30 participamos nunha carreira solidaria e para tal acontecemento colocamos os nosos dorsais e esperamos o noso turno...os raparigos estaban moi pero moi emocionados. Ollade a seguinte presentación haber que vos parece.

Benvida Paula


O mércores incorporouse a nosa aula unha nova profe, a profe Paula. Unha rapariga que ven con ganas de aprender moito dos nosos pequerrechos. Estará acompañándonos ata finais de febreiro. Os cativiños están moi pero que moi contentos. Paula está a cursar terceiro de maxisterio e como foi alumna do noso colexio decidíuse por el para facer a súas primeiras prácticas como parte da súa formación universitaria. Aquí vos deixo unha fotiño dela posando co noso cadro de Picasso...por certo acompáñaa unha das nosas alumnas para que non salga soiña.

sábado, 1 de febrero de 2014

VALENTINA VISITA PARÍS

Valentina estivo fai unha semana de visita en París. Chegou este luns e non podía parar de contarnos un montón de anécdotas da súa experiencia. Ademáis tróuxonos un conto moi pero que moi bonito do que supón a vida parisina.

domingo, 26 de enero de 2014

Convertímonos en COCIÑEIR@S. Proxecto dos BEBÉS 2.



Esta semana pasada decidimos levar a cabo un pequeno taller na aula. Convertímonos en pequenos e pequenas cociñeiras para elaborar un receta sinxela para os nosos bebés.....OOOOHHHH! pero si na nosa aula non hai bebés...ben decidimos elaborar unha PAPILLA PARA BEBÉS... e como nos quedou requetesabrosa probamos unha cucharadiña cada un...algúns incluso repetiron. Ollade que experiencia.

     Por certo a nosa receta, leva como ingredientes:plátano, unhas galletiñas cun pouquiño de azucre e como toque final exprimimos un pouquiño de zume de laranxa e a continuación trituramos  con axuda dun garfo (tenedor).


Riquísimaaaa, non quedou nadiña, nadiña.

PROXECTO DOS BEBÉS 1

           Como xa explicamos na reunión de principios de curso, ao longo deste curso vamos adentrarnos no estudio do noso primeiro proxecto "OS BEBÉS". Aínda que xa iniciamos a nosa aventura antes de Nadal é agora cando xa estamos inmersos na aprendizaxe desta temática. 
Sentados na asamblea adentrámonos nunha conversa na que cada nen@ cóntalle aos demais que sabe sobre os "BEBÉS" e os demais como non podía ser doutro xeito escoitamos moi pero que moi atentos. 
     Logo argallamos un recuncho para experimentar directamente todo tipo de vivencias: ¡coidadiño que non se escape o pis e a caca do pañal!, convertímonos en papás e mamás embarazadas, somos papás ou mamás cos nosos bebés aos que lles damos carantoñas para facilitarlles a dixestión, diseñamos uns baberos preciosísimos...pouco a pouco iréivos contando máis cousiñas sobre todo o que vamos aprendendo.

miércoles, 22 de enero de 2014

NOVO TRIMESTRE, NOVA ESTACIÓN

  Esta semana comezamos a unidade didáctica de COPO, BONECO DE NEVE. Estamos a decorar a clase, vestindo a nosa árbore e aprendendo as características desta nova estación. 
     Para traballar sobre o tema, botaremos man, unha vez máis dos recursos que temos doutros anos e que podedes consultar no blog.
     Si, si, O INVERNO XA ESTÁ AQUÍ: o frío, as tardes chuviosas a carón da cheminea ou da calefacción, a neve,...


Para empezar a traballar esta nova estación, utilizaremos algúns videos de cancións, contos, debuxos,... como estes de aquí  abaixo. Clica en cada pantalla para velos.