martes, 27 de octubre de 2015

CHEGOU O SAMAÍN


Nesta ocasión decidimos unha vez máis solicitar a colaboración das familias, e como de costume non nos fallaron. Acercaron ao colexio uns monstruiños moi pero que moi terroríficos que axudaron a elaborar aos cativos. Aquí vos deixo unha mostra do bonita que quedou a nosa exposición do Samaín Monstruoso.  A continuación e nos seguintes días, os pequenos tiveron a oportunidade de elaborar cos seus mounstros unha pequena historia... foi toda unha experiencia. Con todos estos contos construimos un libriño interactivo de historias elaboradas integramente polos cativos. IMPRESIONANTE...quedou o traballiño dos pequenos...a volta da festa do Samaín mostrareivos o resultado.
Familias, moitísimas gracias pola vosa colaboración.
Nesta ocasión os alumnos elaboraron para o Samaín as súas pantasmas en forma de tobogán e como é tradición as súas orixinais cabaciñas.

Nesta semana adicada a celebrar o Samaín levamos a cabo unha iniciativa que partíu do Equipo de Normalización Lingúística do colexio: familias dos pequenos achegáronse a contarnos contiños de medo ao colexio. Moitas gracias novamente, ás familias do laciño lila que colaboraron nesta proposta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario