Chegou o momento de volver ao colexio. Os nenos cóntanme con moito entusiasmo o ben que o pasaron durante as vacacións de verán. Outro aniño xuntos. Xa somos os maiores de infantil... que rapidiño pasa o tempo. Ao longo deste trimestre iniciamos unha nova aventura que está moi pero que moi relacionada cos DINOSAURIOS. Aquí vos deixo unhas instantáneas da sorpresa coa que se atoparon os pequenos o primeiro día de cole.
Por certo, foi un día cheiño de sorpresas, temos unha nova compañeira, chámase Rebeca Seco Rivas e ven para quedarse (intentamos darlle un montón de abrazos, xogar con ela no patio, ser amigos e amigas dela para que veña moi contenta ao noso colexio.
Para que os nosos dinosaurios queden encantados nada máis nacer, ocúrresenos a xenial idea de decorar a nosa porta da aula cunha dinosauria, por certo chámase Rosita (Rebeca ponlle o nome, decidimos que sexa ela a que bautice a nosa dinosauria, por acabar de chegar fai uns días ao colexio), participamos todiños na creación de Rosita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario