Como xa explicamos na reunión ás familias o 28 de setembro, este ano decidimos celebrar os cumples dos nosos raparigos por meses. Para celebrar os aniversarios, soplaremos as veliñas,cantaremos o cumpleanos feliz,e por último elaboraremos entre todos unha receta ben, ben sabrosa. David, Daniel e Gabriel estiveron de aniversario no mes de setembro. Preparádevos para votar unha ollada, foi un día moi especial para os tres e tamén para o resto do alumnado. Dispostos a celebrar os aniversarios dos nenos que estaban de cumple en setembro, entramos na aula pola mañá e atopámonos cunha abeliña moi simpática que lucía unha coroa ben bonitiña, explicounos que viña disposta a pasar con nos este curso e que uns paxaros amigos lle contaran, que hoxe celebrábamos uns cumples e quería apuntarse á festa. A nosa encargada do día quixo facer unha fotiño con ela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario