domingo, 1 de febrero de 2015

PAZ, PAZ, PAZ

Levamos unhas semanas adicando parte da programación da aula a preparar a chegada do día da Paz. Coloreamos con moito coidadiño o cadro de Picasso "Niña con paloma" e explicamos un pouquiño o significado da pombiña asociado ao concepto de alegría, sorrisos, amor, bicos, abrazos, caricias...
Como xa falamos en artigos anteriores, este curso estamos adicándonos a coñecer un pouquiño máis a obra do pintor Paul Klee. Explicámoslles aos rapaces que David Mckee inspiróuse nel para dar forma ao seu Elmer, "un elefante diferente", ao que querían todos os seus amigos aínda que fóra de moitas cores. Como non podía ser doutro xeito, cada cativiño creou o seu Elmer especial, explicámoslles que ser diferente e moi divertido. Para acompañar ós Elmercillos diferentes tamén compuxemos entre todos os alumn@s de catro anos un puzzle xigante de Elmer. Aquí vos deixo unha presentación do moito que disfrutaron os raparigos con todas as actividades. Cada alumno creou tamén a súa pombiña, con diferentes cores e formas como fai Paul Klee.


1 comentario: