miércoles, 25 de septiembre de 2013

A MAXIA DAS CORES


Disfrutamos coa mezcla das cores coas propias mans, adiviñamos o nome de cada cor e maxia....resultado final...os peques disfrutan coa lectura do conto "Un libro" de Hervé Tullet.



Que bonitiño nos quedou o noso mantel, o cal nos quedou moi pero que moi xeitoso para colocar os contos da nosa biblioteca de aula.

O POLO PEPE


O Polo Pepe e un pouco travieso e come, come moita cebada e despois ....claro non pode dar un salto. Face clic no título do conto e poderedes disfrutar da canción cos vosos pequenos.
Os alumn@s disfrutaron do conto do Polo Pepe, da súa canción, das palomitas de maíz que nos trouxo o Polo Pepe...pois é perrequichiño e se come tanto maíz non pode dar un salto, polo que decidiu compartir a súa comidiña cos rapaces.

Un puñado de besos

A semana pasada aproveitamos para presentar aos cativiñ@s algúns contos moi pero que moi interesantes para o alumnado de 3 anos, ao longo do período de adaptación, entre eles destaca:
 " Un puñado de besos" .
Aproveitamos para acercarnos un pouquiño máis ás familias e adicámoslles un montón de bicos de moitas sabores. Os nen@s disfrutaron moito deste conto e de premio levaron uns biquiños de fresa en forma de gominolas para as súas casiñas. 


martes, 24 de septiembre de 2013

Chegamos ao COLEXIO

Os primeiros días de cole conflúen un sinfín de sentimentos: alegría, preocupación, angustia, sorpresa, enfado...temos que entender que se producen moitos cambios en moi pouquiño tempo. Un novo contexto por descubrir: unha, dúas, tres...profes, compañeiros e compañeiras de xogo que non coñecía ou si pero noutro ambiente, recreos, comedor...ollade con atención os vosos retoños.

domingo, 22 de septiembre de 2013

Estimadas familias...


Unha vez encamiñado o inicio do curso quería presentarme. Son a profe Mar, a mestra que acompañará aos vosos cativ@s ao longo desta etapa.Espero que non tardemos moito en coñecernos un pouquiño máis. 
Dou por iniciado este blog coa idea de que vos podades acercar un pouquiño máis a realidade educativa dos vosos nen@s.