miércoles, 27 de noviembre de 2013

MOITAS FELICIDADES ANTÍA E ZAIRA

Fai pouquiño Antía e Zaira estiveron de cumple. Antía tróuxelles aos cativos uns contos e unhas piruletas e Zaira invitou a todos os alumnos da clase a unha gran festa de cumple. Moitas gracias,e MOITAS FELICIDADES as dúas.

viernes, 22 de noviembre de 2013

BOLBORETAS DO OUTONO

Deíxovos a nosa última nova manualidade do Outono. Estivemos moi pero que moi atentos para que nos quedase moi pero que moi bonitiña. Esperamos que vos guste. 
Aquí vai o noso traballiño.

lunes, 11 de noviembre de 2013

CHEGOU O DÍA DA FESTA



Luns pola mañá, chegamos ao colexio moitos co seu cestiño para comer castañas na festa do magosto. Entramos na aula e deixamos as nosas mochilas e abrigos nos colgadores. Sentadiños na asamblea falamos un pouquiño da festa do magosto. Estudiamos un pouquiño e logo merendamos e fumos xogar un pouquiño ao recreo. Xa quedaba menos. Regresamos a aula estivemos vendo unha película e...xa chegou o momento: collimos os nosos cestiños e saímos ao patio...collimos castañas asadiñas, sentámonos facendo un corro e comimos unhas castañas riquísimas cun pouquiño de leite, viñeron as familias e axudáronnos un montón a coidar de todos os raparigos...MOITAS GRACIAS A TOD@S. Xa para rematar cantamos a nosa canción do magosto... incluso a bailamos coas familias dos alumnos.


CANCIÓN
O Magosto no meu cole
e particular,
comense as castañas
coma nos demais.

Agochate e volvete
agochar,
has facer exercicio para
comer máis.

H,I,X,K,L,M,N,A
que si ti non as queres
outro neno as querera.

Castaniñas,
asadiñas,
ben quentiñas,
picadiñas.

A estirar, a estirar,
media volta,
e a empezar.

Déixovos o conto que elaboramos co resto dos grupos do noso cole. "A castaña que quería ser árbore".




Por último aquí tedes un video para que podades visionar cos vosos pequenos a súa primeira festa do magosto no noso colexio. Espero que vos guste.