miércoles, 24 de junio de 2015

ANTES DAS VACACIÓNS DE VERÁN

Estas últimas semaniñas estivemos bastante atareados.
FESTA PIRATA

Nestos días celebramos para rematar o noso proxecto da auga a festa pirata, e como non podía ser doutra maneira decidimos ir en busca do Tesouro, que por certo estaba moi pero que moi delicioso.

DESPEDÍMONOS DE LOLA
Despedímonos da nosa Lola que o próximo curso irá a outro colexio. Vámola votar moitísimo de menos. Xa sabe que estivemos encantados de vivir na súa compañía un montón de aventuras ao longo destos dous cursos escolares. Moita sorte na túa nova andadura pequena.





VISITAMOS  A NOSA ALEGRÍA
Cando chegou ó colexio non tiña floreciñas pero coa chegada do bo tempo e co solete que estivo acompañándonos ao longo desta primavera  e por suposto cos cuidados e carantoñas que lle deron os pequenos da aula do laciña lila... así de preciosa está. 



Finalmente quería desexarvos a todas as familias e en especial aos pequenos e pequenas da miña titoría un FELIZ VERÁN... disfrutade todo o que podades deles.

VEMONOS EN SETEMBRO. 

Monet e Sorolla

Aquí vos deixo unhas imaxes das obras que recreamos relacionadas co noso proxecto da auga. Los Nenúfares de Monet y El Balandrito de Joaquín Sorolla.

martes, 16 de junio de 2015

XA TEMOS CINCO ANIÑOS

Ian e Manuel están de cumple. Foi un día moi pero que moi especial para eles no colexio. Sopramos as veliñas, cantámoslles o cumpleanos feliz, repartiron os seus agasallos e elaborámoslles os seus libriños cos debuxiños dos compañeiros e compañeiras.

XEADO DE LARANXA


Tanto somos científicos un día como cando nos é necesario convertímonos en cociñeiros e cociñeiras. Aquí está a nosa receta relacionada co noso proxecto da auga. Ingredientes: auga, zume de laranxa e azucre. Entre todos elaboramos uns xeados ben xeitosos, e como non podía ser doutra maneira ao  seguinte día saímos ao campiño do cole a tomar tan delicioso manxar.

BURBULLAS E MÁIS BURBULLAS

Outro experimento relacionado co noso proxecto da auga, como non podía ser doutro xeito, os cativos pasáronno pipa. Aquí vos deixo unhas instantáneas da experiencia.

martes, 9 de junio de 2015

OS NOSOS EXPERIMENTOS

O noso proxecto, permiteunos experimentar coa auga e os alumn@s disfrutaron un montón.
ARQUÍMIDES  permitiunos comprobar como hai obxectos que flotan e outros que non.


Preparamos unha MANZANILLA, aprendendo que ten propiedades curativas.





Falamos das disolucións e comprobamos que hai alimentos que se disolven na auga e outros non. 




 DISOLUCIÓNSComprobamos se un xeo se disolve primeiro nun vasiño vacío, cheo de auga fría ou auga quente.







Aprendemos que a auga non ten color, nin sabor e tampouco olor.

domingo, 7 de junio de 2015

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Celebramos o día das Letras Galegas. Os pequeniños actuaron como grandes artistas. Algúns papás asistiron á actuación e ó final do festival recolleron un pequeno agasallo como agradecemento por participar no contacontos que levamos a cabo ao longo deste curso.

TALLER DE BARRO

O obradoiro impartido por un artesán de Buño, o cal nos falou do oficio de oleiro,  que tende a desaparecer por non haber relevo xeracional. Traballou o barro co torno facendo tazas, pratos, xarróns...Por  último poideron experimentar eles mesmos comprobando que o que parecía tan doado, non o era.

USOS DA AUGA

Seguimos aprendendo un montón de cousiñas relacionadas co noso proxecto da Auga. Como non podía ser doutro xeito, todas as familias continúan colaborando cada vez que lles pedimos algún favorciño. Desta vez estivemos a falar dos diferentes usos da auga, cada cativiño achegou algunha fotiño para poder comprobar que a auga ten diferentes usos: para DIVERTIRSE, para FREGAR, para ASEARSE,para REGAR,... 

DE EXCURSIÓN AO ACUARIO

Aqui vos deixo  unhas pouquiñas de fotos para que olledes que ben o pasaron na excursión que realizaron co laciño azul e co laciño vermello ao ACUARIO.