Para celebrar o Magosto, nesta ocasión, decidimos darlle colorido ao noso colexio con folliñas do outono e creamos unhas simpáticas señoritas (que recordan as nosas castañas e as nosas follas do outono coa súa vestimenta), finalmente elaboramos uns pequenos broches que colocamos nos mandilóns dos raparigos para decoralos pola festiña.
Entre todos aprendimos dúas cancionciñas ben xeitosas...os pequenos disfrutaron con tanta actividade. Por certo, perdoade polos problemas técnicos que tivemos coa megafonía.
MOITÍSIMAS GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POR ASISTIR E POLA AXUDA.
O mércores día 4 de Novembro marchamos de excursión á Casa das Ciencias. Visionamos no Planetario unha película que se titulaba "La niña que sabía caminar del revés" a cal nos acercou un pouquiño máis ao máxico mundo do ceo estrellado, das fases da lúa... A protagonista aprende a camiñar do revés para ter unha visión máis precisa do que ocorre aló arriba..os pequenos estiveron moi pero que moi atentos. Antes de saír do colexio estivemos a falar, que cando rematemos o noso estudio dos Dinosaurios, adicarémonos a estudiar o Espacio...e se nos é posible voltaremos a Casa das Ciencias para facer un estudo máis profundo do Espacio.