Unha vez máis, moitísimas grazas por implicarse nas actividades escolares dos vosos cativiños. Chegan ao colexio contentísimos coas súas aportacións.
martes, 31 de mayo de 2016
domingo, 24 de abril de 2016
Proxecto: As flores, as abellas e as plantas aromáticas.
Chegou o terceiro trimestre e iniciamos un novo proxecto: As flores, as abellas e as plantas aromáticas. Estamos afanados aprendendo unha chea de cousiñas. Os cativos e cativas todos os días sorpréndenme con todo tipo de aportacións que están a facer para o noso novo recuncho. Sodes increíbles familias: moitísimas grazas por colaborar tanto, tanto e tanto.
O venres marchamos de excursión á Casa das Abellas. Pasámolo xenial. Ollade as fotografías...non perderon detalle. Inolvidable a excursión cos meus pequenos. Grazas profe María por axudarnos tanto na excursión coma no cole, sempre tan pendiente, non sabes estarte quietiña nin un segundiño.
domingo, 3 de abril de 2016
REMATAMOS O PROXECTO DO UNIVERSO
Chegamos ao final do noso proxecto do Universo. Aquí vos deixo unhas instantáneas do moito que disfrutaron os pequenos da merendola que lles preparamos o venres. Volvo a darvos as grazas pola vosa participación e colaboración na posta en práctica do proxecto. Enchimos dun montón de cousiñas o noso recuncho do Universo. GRAZAS, grazas e grazas.
CONTACONTOS KALANDRAKA
Fai uns días tivemos a visita no colexio de dous profesionais da Editorial Kalandraka que nos deron a oportunidade de disfrutar dunha sesión de contacontos con acompañamento musical. Os nenos disfrutaron moito.Xa sabemos todos e todas a importancia que ten o conto no desenvolvemento de cada cativiño: indispensable.
Día da Muller Traballadora: RUEIRO DE A CORUÑA
O día internacional da Muller Traballadora, tamén chamado día internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en pe de igualdade co home, na sociedade e no seu desenrolo íntegro como persoa. Celebrámolo o día 8 de marzo. No colexio participamos todos. Na nosa aula elaboramos dous murais moi xeitosos relacionados coa vida de Teresa Herrera. Un dos murais está exposto no corredor do colexio e o outro no centro cívico de Eirís. En representación da aula do lazo lila (Valentina, Annelis, Roi, Leo e Lucas) achegáronse ao colexio a recoller un diploma e un agasallo para darnos as grazas pola nosa participación.
sábado, 5 de marzo de 2016
ESTRELIÑA FUGAZ
Fumos de visita á Casa das Ciencias a visionar a película da Estreliña Fugaz. Os pequenos estiveron moi pero que moi atentos. Os cativos non deixaban de observar todo o que íba acontecendo ao longo da película. Pasáronno xenial.
viernes, 4 de marzo de 2016
CUMPLES DE FEBREIRO
Natalia e Roi estiveron no mes de febreiro de aniversario. Este mes decidimos elaborar uns platillos volantes co seu marcianito. Votade unha ollada. Pasárono estupendamente. Moitas felicidades pequeniños!!!
Concerto Arcosiris
O UNIVERSO II
Continuamos avanzando nas nosas aprendizaxes relacionadas co Universo. Ao longo do mes de febreiro estivemos investigando un pouquiño sobre o noso sistema solar: o sol, os planetas, a lúa, os meteoritos, os cometas, satélites...estamos a convertirnos en científicos pouquiño a pouco. Esta semana tocou acercarnos ao mundo das constelacións. Encantoulles a todos. Aquí vos deixo unhas imaxes.
sábado, 27 de febrero de 2016
DE EXCURSIÓN AO MAC
O venres 26 marchamos de excursión ao MAC. Os cativos como de costume contentísimos de ir de viaxe. No museo estivemos moi pero que moi atentos as explicacións dos profesores, a temática estaba relacionada co retrato a través da escultura e tamén da fotografía. Encantounos ás profes e aos rapaces aínda máis. Antes de abandoar o museo dimos as grazas e regresamos contentísimos...queremos volver canto antes.
SEMANA DA FROITA
Esta semana adicámola a importancia que ten na dieta de todos os pequenos o consumo da froita e de verdura. Cada día saboreamos unha froita,presentándolla aos cativos dun xeito atractivo para que ningún se resistira a saborear tales manxares... aquí vos deixos unhas instantáneas da experiencia.Saboreamos unhas pantasmas, un batido de amorodos, paraugas, cabazas e fondue de pera. Todo riquísimoooo.
miércoles, 17 de febrero de 2016
REMATOU O ENTROIDO
Rematou a semana do entroido. O noso alienixena non quixo perderse esta festiña, e incluso nos achegou complementos para que disfrutáramos destas datas. Como xa sabedes, este ano decidimos disfrazarnos de astronautas, un tema moi relacionado co proxecto que estamos a traballar ao longo deste segundo trimestre: O universo. Os cativos e cativas pasárono pipa decorando os seus antifaces de alienixenas. O venres saímos a desfilar polo barrio, todos moi contentos. Moitas grazas pola participación das familias na elaboración dos disfraces. Estaban guapiiiiiisimos, impresionantes. Aquí vos deixo unhas instantaneas da festiña.
O UNIVERSO I
Verderolo sorprendeunos cunha nave espacial coa que disfrutamos no noso recuncho do Universo. Os rapaces opinan que o noso alienixena e moi pero que moi traballador.
Pouco a pouco vamos adquirindo aprendizaxes diferentes dos planetas, dos satélites, meteoritos, asteroides...astronautas,naves espaciais,...e como de costume todas as familias colaboran para ir dandolle forma ao noso proxecto. Moitas grazas novamente.
domingo, 31 de enero de 2016
XA TEÑO 6 ANIÑOS
No mes de xaneiro celebramos o cumple de Annelis, a primeiriña en cumplir 6 aniños. Soplamos 6 veliñas e por suposto elaboramos con moito agarimo o postre do mes de xaneiro, nesta ocasión: cariñas de bonecos de neve. Non se nos esqueceu cantarlle tamén o cumpleanos feliz. Moitas felicidades pequena.
DÍA DA PAZ
Ao longo da semana vimos falando da celebración do día da Paz. Este ano como estamos aprendendo cousiñas adicadas a Manuel María "Soños na Gaiola" dende o Equipo de Normalización Lingüística xurdeu a idea de crear unha gaiola onde cada grupo de alumnos introduciría o seu soño escrito nunha pombiña, o cal sería exposto o día da Paz ao resto do alumnado do colexio. Todos os anos levamos a cabo unha carreira solidaria onde participan todos os pequenos, e este ano non iba a ser menos. Pasárono xenial.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)