sábado, 27 de febrero de 2016

DE EXCURSIÓN AO MAC


O venres 26 marchamos de excursión ao MAC. Os cativos como de costume contentísimos de ir de viaxe. No museo estivemos moi pero que moi atentos as explicacións dos profesores, a temática estaba  relacionada co retrato a través da escultura e tamén da fotografía. Encantounos ás profes e aos rapaces aínda máis. Antes de abandoar o museo dimos as grazas e regresamos contentísimos...queremos volver canto antes. 

SEMANA DA FROITA

Esta semana adicámola a importancia que ten na dieta de todos os pequenos o consumo da froita e de verdura. Cada día saboreamos unha froita,presentándolla aos cativos dun xeito atractivo para que ningún se resistira a saborear tales manxares... aquí vos deixos unhas instantáneas da experiencia.Saboreamos unhas pantasmas, un batido de amorodos, paraugas, cabazas e fondue de pera. Todo riquísimoooo.

miércoles, 17 de febrero de 2016

REMATOU O ENTROIDO

Rematou a semana do entroido. O noso alienixena non quixo perderse esta festiña, e incluso nos achegou complementos para que disfrutáramos destas datas. Como xa sabedes, este ano decidimos disfrazarnos de astronautas, un tema moi relacionado co proxecto que estamos a traballar ao longo deste segundo trimestre: O universo. Os cativos e cativas pasárono pipa decorando os seus antifaces de alienixenas. O venres saímos a desfilar polo barrio, todos moi contentos. Moitas grazas pola participación das familias na elaboración dos disfraces. Estaban guapiiiiiisimos, impresionantes. Aquí vos deixo unhas instantaneas da festiña. 

O UNIVERSO I

Levamos unhas semaniñas aprendendo cada día algunha cousiña sobre o noso novo proxecto " O Universo". Á volta do Nadal apareceu por casualidade na aula un día, un alienixena chamado Verderolo. No seu idioma explicounos como viñera a parar ao noso colexio. Non deixa de sorprendernos semana a semana.

Verderolo sorprendeunos cunha nave espacial coa que disfrutamos no noso recuncho do Universo. Os rapaces opinan que o noso alienixena e moi pero que moi traballador.
Pouco a pouco vamos adquirindo aprendizaxes diferentes dos planetas, dos satélites, meteoritos, asteroides...astronautas,naves espaciais,...e como de costume todas as familias colaboran para ir dandolle forma ao noso proxecto. Moitas grazas novamente.