domingo, 24 de abril de 2016

Proxecto: As flores, as abellas e as plantas aromáticas.

Chegou o terceiro trimestre e iniciamos un novo proxecto: As flores, as abellas e as plantas aromáticas. Estamos afanados aprendendo unha chea de cousiñas. Os cativos e cativas todos os días sorpréndenme con todo tipo de aportacións que están a facer para o noso novo recuncho. Sodes increíbles  familias: moitísimas grazas por colaborar tanto, tanto e tanto.


O venres marchamos de excursión á Casa das Abellas.  Pasámolo xenial. Ollade as fotografías...non perderon detalle. Inolvidable a excursión cos meus pequenos. Grazas profe María por axudarnos tanto na excursión coma no cole, sempre tan pendiente, non sabes estarte quietiña nin un segundiño.

domingo, 3 de abril de 2016

REMATAMOS O PROXECTO DO UNIVERSO


Chegamos ao final do noso proxecto do Universo. Aquí vos deixo unhas instantáneas do moito que disfrutaron os pequenos da merendola que lles preparamos o venres. Volvo a darvos as grazas pola vosa participación e colaboración na posta en práctica do proxecto. Enchimos dun montón de cousiñas o noso recuncho do Universo.  GRAZAS, grazas e grazas.

CHEGOU A PRIMAVERA: CUMPLES DE MARZO


Moitas felicidades: Lucas, Alexandra e Víctor. Espero que disfrutárades do voso día especial. Xa tedes seis aniños. Moitos biquiños.

CONTACONTOS KALANDRAKA


Fai uns días tivemos a visita no colexio de dous profesionais da Editorial Kalandraka que nos deron a oportunidade de disfrutar dunha sesión de contacontos con acompañamento musical. Os nenos disfrutaron moito.Xa sabemos todos e todas a importancia que ten o conto no desenvolvemento de cada cativiño: indispensable.

Día da Muller Traballadora: RUEIRO DE A CORUÑA

O día internacional da Muller Traballadora, tamén chamado día internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en pe de igualdade co home, na sociedade e no seu desenrolo íntegro como persoa. Celebrámolo o día 8 de marzo. No colexio participamos todos. Na nosa aula elaboramos dous murais moi xeitosos relacionados coa vida de Teresa Herrera. Un dos murais está exposto no corredor do colexio e o outro no centro cívico de Eirís. En representación da aula do lazo lila (Valentina, Annelis, Roi, Leo e Lucas) achegáronse ao colexio a recoller un diploma e un agasallo para darnos as grazas pola nosa participación.