martes, 24 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO NOVO


Cumple o máis pequeniño: Unai xa ten 3 anos.

Unai xa ten tres aniños. Disfrutamos soplando as velas, cantando o cumpleanos feliz...moitísimas gracias por todos os agasallos que achegache aos teus compañeiros e compañeiras.

ESTAMOS DE FESTA : BO NADAL!


Primeiro comemos uns gusanitos para coller moita moita forza e cargarnos de enerxía...pois xa logo temos que actuar.
Dirixímonos ao salón de actos, alí están todos os espectadores a ver a nosa actuación.
Tan só quero que non perdades detalle. Naceron uns novos e novas artistas no colexio Juan Fernández La Torre. Na páxina web oficial do centro poderedes visionar o concerto de todos os cursos.

Papá Noel estivo no cole.

Fai uns días charlamos na asamblea de que o xoves  19 esperábamos a visita dun papá moi pero que moi querido por todos os nen@s, polo que decidimos argallar unhas manualidades (campás e arboliños de Nadal) para recibilo, e para que se puxera moi contento coa visita. Papá Noel está a visitar os colexios de Coruña e fixo unha paradiña no noso, como non podía ser doutro xeito.



Ollade o vídeo que vos deixo a continuación... non ten desperdicio...creo que os vosos cativiños pásaronno pipa coa visita de Papá Noel.





sábado, 21 de diciembre de 2013

Xa chegou a FESTA DO NADAL

Estivemos durante unhas semanas ambientando o noso colexio para recibir a chegada do Nadal. As familias colaboraron axudándolles aos seus cativiños  coa confección dunhas boliñas de nadal que quedaron moi  pero que moi fermosas...MOITAS GRAZAS pola vosa colaboración.
Por certo cada alumn@ tivo a oportunidade de explicarnos quen lle axudou a facela, que materiais empregaron...¡todo un acontecemento!.
 
Nestas datas tampouco podía faltar a nosa árbore de Nadal... coa axuda dos alumn@s de 3 anos A e 3 anos B construímos a nosa árbore, a cal quedou moi bonitiña. 

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Programa Educa-Saúde

Os días 3, 14 e  18 de decembro púxose en marcha no colexio o programa Educa-Saúde.

A primeira sesión estivo adicada á expresión das emocións, dos sentimentos, dos esteriotipos e habilidades sociais.
Estamos contentos, tristes, asombrados, enfadados...

















A segunda e terceira sesión do programa Educa-Saúde centrouse na importancia dos almorzos, da alimentación baseada na froita e na verdura, e os efectos de coller un empacho cos chuches. Tamén nos ensinaron cal é a importancia de lavar os dentes para que non aparezan uns bichiños chamados "caries".
Os monitores contáronlles aos alumn@s estes dous contos, moi axeitados para tratar a temática que nos ocupa.




Déixovos dous  capítulos de Pepa Pig onde se amosa a importancia de ambas temáticas na saúde dos vosos cativos e cativas.




domingo, 15 de diciembre de 2013

Cumple de Carla, Leo e Irene

Carla, Leo e Irene  xa cumpliron 3 aniños...xa non son os peques de dous anos. Estaban moi pero moi concentrados soplando nas velas, repartindo os agasallos que lles achegaron aos cativos...foi un día inolvidable para cada un deles. Moitas grazas polos agasallos raparigos.

viernes, 13 de diciembre de 2013

Semana das Persoas con Discapacidade Funcional.

Os días 2, 3 e 4 de decembro, conmemoramos no Colexio a Semana das Persoas con Discapacidade Funcional. Para isto contamos coa colaboración de entidades como Aspronaga, que colaborou coa realización de talleres de manualidades con cápsulas de café, tamén colaborou a Federación de Persoas Xordas de Galicia, con contacontos en linguaxe de signos para o alumnado ata 3º de primaria, e por último, as nenas e nenos de 5º e 6ºEP visionaron o documental "Cara a cara coa vida" para coñecer o día a día dunha nena con parálisis cerebral. Agradecemos a colaboración das diferentes asociacións. 

Os alumnos estiveron moi atentos ao conto "La pequeña oruga glotona".



Tiveron a sorte de aprender algúns símbolos sinxelos que se corresponden coa linguaxe de signos.




Tamén visionamos “El sueño de Pedro”, que narra as aventuras de Pedro, un neno sordo, que se atopa cun mundo cheo de dificultades...