viernes, 13 de diciembre de 2013

Semana das Persoas con Discapacidade Funcional.

Os días 2, 3 e 4 de decembro, conmemoramos no Colexio a Semana das Persoas con Discapacidade Funcional. Para isto contamos coa colaboración de entidades como Aspronaga, que colaborou coa realización de talleres de manualidades con cápsulas de café, tamén colaborou a Federación de Persoas Xordas de Galicia, con contacontos en linguaxe de signos para o alumnado ata 3º de primaria, e por último, as nenas e nenos de 5º e 6ºEP visionaron o documental "Cara a cara coa vida" para coñecer o día a día dunha nena con parálisis cerebral. Agradecemos a colaboración das diferentes asociacións. 

Os alumnos estiveron moi atentos ao conto "La pequeña oruga glotona".



Tiveron a sorte de aprender algúns símbolos sinxelos que se corresponden coa linguaxe de signos.




Tamén visionamos “El sueño de Pedro”, que narra as aventuras de Pedro, un neno sordo, que se atopa cun mundo cheo de dificultades...




No hay comentarios:

Publicar un comentario