Rematou o trimestre, e a profe Paula como moi ben lle explicamos aos cativos ten que marchar, pois ela tamén estudia, pero no cole dos nenos moi pero que moi maiores, na UNIVERSIDADE. Prometiu vir facernos moitas visitas, polo que non nos despedimos, só lle decimos ata vernos...
Neste artigo, como non podía ser doutro xeito, quero agradecerlle de todo corazón o moito que nos axudou na aula. O ano pasado recordo que estivo tan só un mes: chegou ao colexio, unha rapariga moi tímida, que pouco a pouco foise facendo co cariño de todos e cada un dos rapaciños e como non podía ser doutra maneira tamén coa confianza da profe Mar. Este ano xa estivo con nos todo o trimestre, e o resultado non puido ser máis positivo: unha mestra que se implica cos cativ@s moito, que participou na programación de todas e cada unha das actividades que levamos a cabo. Tan só me queda pedirlle que se esforce moito, moito...e que aprobe a oposición canto antes...pois é bo que esta profesión conte con profesionais con tantas ganas de traballar e de aprender como ela.
Moitas gracias....e acórdate de vir a facernos moitas visitas.
A profe Paula antes de despedirse quixo agasallar aos pequenos cunha postal moi pero que moi simpática, convertiu a todos os raparigos en axudantes de Papá Noel cos seus gorriños. Nos tamén lle elaboramos entre todos unha postal con moito agarimo e acordándonos que xa estamos no inverno agasallámola cunha bufanda para que non colla ningún catarriño e poda vir visitarnos cantas veces queira.