sábado, 3 de enero de 2015

QUE VEN PAPÁ NOEL e VAMOS DE EXCURSIÓN

Cando xa faltaba pouquiño para disfrutar das vacacións de Nadal estivemos moi pero que moi ocupados decorando a nosa aula e o noso colexio. Pois estaba a piques de visitarnos un velliño moi pero que moi simpático e ao que os pequenos queren moitísimo. Non perdades detalle do moito que se esforzaron os alumn@s, Tamén adicamos algunhas sesións a escribir unha cartiña para pedirlle a Papá Noel algún xoguetiño. E por suposto o día que veu o cole estábamos moi pero que moi emocionados entregándolle as nosas peticións. 
 
Foi un día moi pero que moi atareado, pois ocurreúsenos fai tempo programar unha pequena excursión neste día o CGAI, para visionar a película de debuxos : O BOSQUE ANIMADO. Os pequerrechos pasárono pipa....ollade e veredes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario