domingo, 6 de octubre de 2013

RECUNCHOS NA AULA

Ao longo do curso estableceremos na aula en espacios físicos concretos diferenciados (RECUNCHOS), onde os alumn@s xogarán, disfrutarán, crearán, aprenderán, pensarán...recunchos que se irán modificando en función das necesidades e das temáticas que serán tratadas durante o curso escolar.

sábado, 5 de octubre de 2013

BIBLIOTECA VIRTUAL

Deíxovos na nosa biblioteca virtual  algúns dos contos que non podes deixar de contarlles aos vosos pequenos nestas idades. Pouco a pouco irei modificandoos para propoñervos novas ideas. Un saúdo.

Vamos a INFORMÁTICA


Venres primeira hora da mañá, a profe Ana ven a buscar aos raparig@s para ir a aula de informática...están moi pero que moi emocionados. E por suposto moi atentos. 


Picade sobre a foto e poderedes xogar cos vosos cativ@s co mesmo xogo interactivo.

Gifs ANimados Flechas (102)

ADIVIÑA, ADIVIÑA...quen será?

É unha nena que se sentía un pouco triste, entrou na súa habitación e todo cambiou. Alí atopou colgado na parede un cadro cheo de cores, e máis cores. Puxo na súa cabeciña un sombreiro verde e xa se atopaba un pouquiño máis contenta...nos pés un zapatos azuis, uns leotardos amarelos, un vestido moi fermoso de cor rosa...e unha rapariga un pouquiño traviesa...pintou os beizos de vermello, a cara de azul, os brazos con pintiñas laranxas e os dedos con morado...QUEN SERÁ, SERÁ...ollade o video que seguro atopades algunha pista.

Pepe de regreso a súa casa


Hoxe antes de disfrutar do recreo Manuel con moita delicadeza levou a Pepe ao seu campo para poder continuar disfrutando da súa casa, da súa familia e dos seus amigos.

miércoles, 2 de octubre de 2013

LOLA TEN ALAS

Lola leva con nos na aula case que dúas semanas. Cando chegou o primeiro día de cole estaba bastante triste, pero logo se puxo moi pero que moi contenta...debeulle gustar a nosa aula?. Ben, eu creo que o mellor é que lle preguntedes aos vosos raparigos, para que volo expliquen moi pero que moi ben. Xa me esquecía... aquí vos deixo unha foto de Lola...preguntádelles aos alumnos. Gustaríame saber que vos contan.

" UN NOVO AMIGO NA AULA"

Fai uns días dímoslle a benvida ao Outono. Parolamos na asamblea para aprender un pouquiño máis desta estación. Estivemos moi pero que moi atentos coa lectura do conto que leva por título " El Otoño". E como non podía ser doutro xeito fumos de paseo ao campiño que temos o ladiño do noso patio para comprobar se o Outono cubrira todo o campo de folliñas...cada neno apañou unhas pouquiñas... e de repente SORPRESA!!! o noso Víctor atopou no medio da herbiña e xogando un pequeno caracol...collímolo con moito coidadiño para non facerlle pupa.













Hoxe a conductora do tren foi Carlota e decidiu poñerlle de nome ao noso caracoliño "Pepe"...decidimos falar moi pero que moi baixiño para non asustar a Pepe...por certo que non se nos esqueza, hoxe deixámoslle descansar na nosa escola pero mañá decidimos devolvelo ao campiño pois os nen@s din que a súa familia e os seus amigos vanse por moi pero que moi tristes.


Por certo, a semana pasada coñecimos a Caracol e Caracola, o que non sabemos e se serán amigos de Pepe.
 

Para as familias que teñan a oportunidade de poder acceder dende os seus fogares a este xogo, será un bo momento para disfrutar da compañía das vosas criaturas e o mesmo tempo disfrutar do Caracol Serafín, tanto como o farán os vosos nen@s. Facede clic no caracol.