miércoles, 2 de octubre de 2013

" UN NOVO AMIGO NA AULA"

Fai uns días dímoslle a benvida ao Outono. Parolamos na asamblea para aprender un pouquiño máis desta estación. Estivemos moi pero que moi atentos coa lectura do conto que leva por título " El Otoño". E como non podía ser doutro xeito fumos de paseo ao campiño que temos o ladiño do noso patio para comprobar se o Outono cubrira todo o campo de folliñas...cada neno apañou unhas pouquiñas... e de repente SORPRESA!!! o noso Víctor atopou no medio da herbiña e xogando un pequeno caracol...collímolo con moito coidadiño para non facerlle pupa.













Hoxe a conductora do tren foi Carlota e decidiu poñerlle de nome ao noso caracoliño "Pepe"...decidimos falar moi pero que moi baixiño para non asustar a Pepe...por certo que non se nos esqueza, hoxe deixámoslle descansar na nosa escola pero mañá decidimos devolvelo ao campiño pois os nen@s din que a súa familia e os seus amigos vanse por moi pero que moi tristes.


Por certo, a semana pasada coñecimos a Caracol e Caracola, o que non sabemos e se serán amigos de Pepe.
 

Para as familias que teñan a oportunidade de poder acceder dende os seus fogares a este xogo, será un bo momento para disfrutar da compañía das vosas criaturas e o mesmo tempo disfrutar do Caracol Serafín, tanto como o farán os vosos nen@s. Facede clic no caracol.

1 comentario:

  1. Ya vas más contento al cole desde que encontró a Pepe...mucho más interesante!!!

    ResponderEliminar