Esta semana, despois de varios días de descanso, chegamos a nosa aula o luns e estaba esperando por nos sentadiño no banquiño do conduct@r un gatiño cunha caixiña, estábamos moi pero que moi sorprendidos... na caixa traía unha nota: "Bos días raparigos, chámome Papelote e veño ao colexio para pasalo requeteben... Xa sei que estades aprendendo un montón sobre o Outono, polo que se me ocurreu traer unha caixiña de noces para que xoguemos todos xuntos con elas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario