martes, 24 de diciembre de 2013
ESTAMOS DE FESTA : BO NADAL!
Primeiro comemos uns gusanitos para coller moita moita forza e cargarnos de enerxía...pois xa logo temos que actuar.
Dirixímonos ao salón de actos, alí están todos os espectadores a ver a nosa actuación.
Tan só quero que non perdades detalle. Naceron uns novos e novas artistas no colexio Juan Fernández La Torre. Na páxina web oficial do centro poderedes visionar o concerto de todos os cursos.
Papá Noel estivo no cole.
Fai uns días charlamos na asamblea de que o xoves 19 esperábamos a visita dun papá moi pero que moi querido por todos os nen@s, polo que decidimos argallar unhas manualidades (campás e arboliños de Nadal) para recibilo, e para que se puxera moi contento coa visita. Papá Noel está a visitar os colexios de Coruña e fixo unha paradiña no noso, como non podía ser doutro xeito.
Ollade o vídeo que vos deixo a continuación... non ten desperdicio...creo que os vosos cativiños pásaronno pipa coa visita de Papá Noel.
sábado, 21 de diciembre de 2013
Xa chegou a FESTA DO NADAL
Estivemos durante unhas semanas ambientando o noso colexio para recibir a chegada do Nadal. As familias colaboraron axudándolles aos seus cativiños coa confección dunhas boliñas de nadal que quedaron moi pero que moi fermosas...MOITAS GRAZAS pola vosa colaboración.
Por certo cada alumn@ tivo a oportunidade de explicarnos quen lle axudou a facela, que materiais empregaron...¡todo un acontecemento!.
Por certo cada alumn@ tivo a oportunidade de explicarnos quen lle axudou a facela, que materiais empregaron...¡todo un acontecemento!.
Nestas datas tampouco podía faltar a nosa árbore de Nadal... coa axuda dos alumn@s de 3 anos A e 3 anos B construímos a nosa árbore, a cal quedou moi bonitiña.
miércoles, 18 de diciembre de 2013
Programa Educa-Saúde
Os días 3, 14 e 18 de decembro púxose en marcha no colexio o programa Educa-Saúde.
A primeira sesión estivo adicada á expresión das emocións, dos sentimentos, dos esteriotipos e habilidades sociais.
Estamos contentos, tristes, asombrados, enfadados...
Déixovos dous capítulos de Pepa Pig onde se amosa a importancia de ambas temáticas na saúde dos vosos cativos e cativas.
A primeira sesión estivo adicada á expresión das emocións, dos sentimentos, dos esteriotipos e habilidades sociais.
Estamos contentos, tristes, asombrados, enfadados...
A segunda e terceira sesión do programa Educa-Saúde centrouse na importancia dos almorzos, da alimentación baseada na froita e na verdura, e os efectos de coller un empacho cos chuches. Tamén nos ensinaron cal é a importancia de lavar os dentes para que non aparezan uns bichiños chamados "caries".
Os monitores contáronlles aos alumn@s estes dous contos, moi axeitados para tratar a temática que nos ocupa.
Os monitores contáronlles aos alumn@s estes dous contos, moi axeitados para tratar a temática que nos ocupa.
Déixovos dous capítulos de Pepa Pig onde se amosa a importancia de ambas temáticas na saúde dos vosos cativos e cativas.
domingo, 15 de diciembre de 2013
Cumple de Carla, Leo e Irene
Carla, Leo e Irene xa cumpliron 3 aniños...xa non son os peques de dous anos. Estaban moi pero moi concentrados soplando nas velas, repartindo os agasallos que lles achegaron aos cativos...foi un día inolvidable para cada un deles. Moitas grazas polos agasallos raparigos.
viernes, 13 de diciembre de 2013
Semana das Persoas con Discapacidade Funcional.
Os días 2, 3 e 4 de decembro, conmemoramos no Colexio a Semana das Persoas con Discapacidade Funcional. Para isto contamos coa colaboración de entidades como Aspronaga, que colaborou coa realización de talleres de manualidades con cápsulas de café, tamén colaborou a Federación de Persoas Xordas de Galicia, con contacontos en linguaxe de signos para o alumnado ata 3º de primaria, e por último, as nenas e nenos de 5º e 6ºEP visionaron o documental "Cara a cara coa vida" para coñecer o día a día dunha nena con parálisis cerebral. Agradecemos a colaboración das diferentes asociacións.
Os alumnos estiveron moi atentos ao conto "La pequeña oruga glotona".
Os alumnos estiveron moi atentos ao conto "La pequeña oruga glotona".
miércoles, 27 de noviembre de 2013
MOITAS FELICIDADES ANTÍA E ZAIRA
Fai pouquiño Antía e Zaira estiveron de cumple. Antía tróuxelles aos cativos uns contos e unhas piruletas e Zaira invitou a todos os alumnos da clase a unha gran festa de cumple. Moitas gracias,e MOITAS FELICIDADES as dúas.
viernes, 22 de noviembre de 2013
BOLBORETAS DO OUTONO
Deíxovos a nosa última nova manualidade do Outono. Estivemos moi pero que moi atentos para que nos quedase moi pero que moi bonitiña. Esperamos que vos guste.
Aquí vai o noso traballiño.
lunes, 11 de noviembre de 2013
CHEGOU O DÍA DA FESTA
Luns pola mañá, chegamos ao colexio moitos co seu cestiño para comer castañas na festa do magosto. Entramos na aula e deixamos as nosas mochilas e abrigos nos colgadores. Sentadiños na asamblea falamos un pouquiño da festa do magosto. Estudiamos un pouquiño e logo merendamos e fumos xogar un pouquiño ao recreo. Xa quedaba menos. Regresamos a aula estivemos vendo unha película e...xa chegou o momento: collimos os nosos cestiños e saímos ao patio...collimos castañas asadiñas, sentámonos facendo un corro e comimos unhas castañas riquísimas cun pouquiño de leite, viñeron as familias e axudáronnos un montón a coidar de todos os raparigos...MOITAS GRACIAS A TOD@S. Xa para rematar cantamos a nosa canción do magosto... incluso a bailamos coas familias dos alumnos.
CANCIÓN
O Magosto no meu cole
e particular,
comense as castañas
coma nos demais.
Agochate e volvete
agochar,
has facer exercicio para
comer máis.
H,I,X,K,L,M,N,A
que si ti non as queres
outro neno as querera.
Castaniñas,
asadiñas,
ben quentiñas,
picadiñas.
A estirar, a estirar,
media volta,
e a empezar.
Déixovos o conto que elaboramos co resto dos grupos do noso cole. "A castaña que quería ser árbore".
Por último aquí tedes un video para que podades visionar cos vosos pequenos a súa primeira festa do magosto no noso colexio. Espero que vos guste.
jueves, 31 de octubre de 2013
CHEGOU A FESTA DO MAGOSTO
Ao longo de toda a semana adicamos un pouquiño de tempo a falar do magosto: elboramos as nosas manualidades, axudamos na elaboración do conto "A castaña que quería ser árbore" co resto dos alumnos e alumnas do noso cole.
Decoramos a nosa aula, un pouquiño do colexio...aquí vos deixo un pequeno resumo do ocupados que estivemos durante toda a semaniña.
Decoramos a nosa aula, un pouquiño do colexio...aquí vos deixo un pequeno resumo do ocupados que estivemos durante toda a semaniña.
Visionamos un contiño que lles gustou moito aos cativos e cativas: picade na castaña para poder ver a aplicación.
Pantasmaspés, Pantasmaspés...ata o próximo curso
Deíxovos neste artigo unha película de como foi o proceso de elaboración dos nosos PANTASMASPÉS...esperamos que sexa do voso agrado. Picade na imaxe do pantasmapé.
miércoles, 30 de octubre de 2013
Canción Infantil Los Esqueletos.
Se tedes oportunidade bailade esta canción cos vosos pequenos e pequenas, ENCANTOULLLES!
CHEGA AO COLE UNHA NOVA AMIGA
Damos a benvida estos días a dúas irmanciñas que chegan ao noso cole, Virginia vai formar parte da nosa aula, e a súa irmá Barbara estará moi cerquiña na aula da profe Eva. Estos días adicámolos a coñecernos, a xogar, a estudiar tamén un pouquiño,merendamos, xogamos coa pizarra...deíxovos unhas imaxes...
CARACOL, CARACOLEIRO...
Caracol, col, col,
Caracol, Caracoleiro
(bis)
saca os teus cornos ao sol
xa que eres tan frioleiro
(bis)
o lombo levas a casa
Caracol, Caracoleiro
(bis)
e deixas tintas de seda
engalanando o carreiro
(bis)
FELICIDADES CARLA
Carla estivo de cumple o venres pasado...moi emocionada chegou pola mañá cos seus papás, e explicoume cos seus dediños que xa tiña tres aniños. Todos xuntos soplamos as veliñas, e Carla repartiu os seus agasallos. MOITAS GRACIAS Carla e FELIZ CUMPLEANOS.
sábado, 19 de octubre de 2013
A NOSA PRIMEIRA FESTA
A semana pasada e esta adicamos un tempiño para introducir aos cativos na súa primeira festa dentro do colexio. "O SAMAÍN". Estamos argallando a elaboración duns arácnidos e criaturas...terroríficas para asustar como moi ben din os nosos raparigos "aos NEN@S MAIORES". Deixovos para que xa vaiades introducindo aos nenos nesta temática, algún enlace interesante. Picade na imaxe.
AS NOSAS ARAÑAS
Spiderman achegouse ao noso cole polo Samaín.
AS NOSAS ARAÑAS
Spiderman achegouse ao noso cole polo Samaín.
FELICIDADES CLAUDIA
No colexio celebramos o cumple de Claudia, cantámoslle o cumpleanos feliz, soplamos as velas, elaboramos con moito agarimo a súa coroa... moitas gracias Claudia polos agasallos que lle achegaches aos cativos.
viernes, 18 de octubre de 2013
A MAXIA DAS FOLLAS DO OUTONO
Esta semana seguimos aprendendo un pouquiño máis dunha estación como é o Outono. Elaboramos con moito coidadiño as nosas follas do outono. Mezclamos moitas cores, dámoslles moitas, moitas voltas...e maxia, aparecen as nosas follas do Outono. Ollade o resultado picando na nosa árbore.
domingo, 13 de octubre de 2013
XOGOS ONLINE
Aproveito para deixarvos na parte de arriba a páxina "XOGOS ONLINE" unha morea de xogos para que pasedes un anaquiño agradable xogando cos vosos raparigos.
viernes, 11 de octubre de 2013
Xogamos no XIMNASIO
UN GATIÑO
Esta semana, despois de varios días de descanso, chegamos a nosa aula o luns e estaba esperando por nos sentadiño no banquiño do conduct@r un gatiño cunha caixiña, estábamos moi pero que moi sorprendidos... na caixa traía unha nota: "Bos días raparigos, chámome Papelote e veño ao colexio para pasalo requeteben... Xa sei que estades aprendendo un montón sobre o Outono, polo que se me ocurreu traer unha caixiña de noces para que xoguemos todos xuntos con elas.
Encestamos un montónde noces.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)