jueves, 31 de octubre de 2013

CHEGOU A FESTA DO MAGOSTO

Ao longo de toda a semana adicamos un pouquiño de tempo a falar do magosto: elboramos as nosas manualidades, axudamos na elaboración do conto "A castaña que quería ser árbore" co resto dos alumnos e alumnas do noso cole. 
Decoramos a nosa aula, un pouquiño do colexio...aquí vos deixo un pequeno resumo do ocupados que estivemos durante toda a semaniña.




Visionamos un contiño que lles gustou moito aos cativos e cativas: picade na castaña para poder ver a aplicación.



Pantasmaspés, Pantasmaspés...ata o próximo curso

Deíxovos neste artigo unha película de como foi o proceso de elaboración dos nosos PANTASMASPÉS...esperamos que sexa do voso agrado. Picade na imaxe do pantasmapé.

AS NOSAS CABACIÑAS

LECTURAS INTERESANTES PARA ESTOS DÍAS

miércoles, 30 de octubre de 2013

Canción Infantil Los Esqueletos.

Se tedes oportunidade bailade esta canción cos vosos pequenos e pequenas, ENCANTOULLLES!

CHEGA AO COLE UNHA NOVA AMIGA

Damos a benvida estos días a dúas irmanciñas que chegan ao noso cole, Virginia vai formar parte da nosa aula, e a súa irmá Barbara estará moi cerquiña na aula da profe Eva. Estos días adicámolos  a coñecernos, a xogar, a estudiar tamén un pouquiño,merendamos, xogamos coa pizarra...deíxovos unhas imaxes...




CARACOL, CARACOLEIRO...

Co Caracol Caracoleiro aprendemos esta canción
Caracol, col, col, 
Caracol, Caracoleiro   
(bis)
saca os teus cornos ao sol
xa que eres tan frioleiro 
(bis)
o lombo levas a casa
Caracol, Caracoleiro
(bis)
e deixas tintas de seda
engalanando o carreiro
(bis)

FELICIDADES CARLA

Carla estivo de cumple o venres pasado...moi emocionada chegou pola mañá cos seus papás, e explicoume cos seus dediños que xa tiña tres aniños. Todos xuntos soplamos as veliñas, e Carla repartiu os seus agasallos. MOITAS GRACIAS Carla e FELIZ CUMPLEANOS.


sábado, 19 de octubre de 2013

A NOSA PRIMEIRA FESTA


A semana pasada e esta adicamos un tempiño para introducir aos cativos na súa primeira festa dentro do colexio. "O SAMAÍN". Estamos argallando a elaboración duns arácnidos e criaturas...terroríficas para asustar como moi ben din os nosos raparigos "aos NEN@S MAIORES". Deixovos para que xa vaiades introducindo aos nenos nesta temática, algún enlace interesante. Picade na imaxe.



AS NOSAS ARAÑAS
Spiderman achegouse ao noso cole polo Samaín.




FELICIDADES CLAUDIA

No colexio celebramos o cumple de Claudia, cantámoslle o cumpleanos feliz, soplamos as velas, elaboramos con moito agarimo a súa coroa... moitas gracias Claudia polos agasallos que lle achegaches aos cativos.



Xa se me esquecía, preséntovos a Leticia e a Dani dous alumnos da facultade de Maxisterio...o futuro da nosa Educación: moi traballadores, moi creativos, moi vos compañeiros...ollade a tarta de cumple coa que nos sorprenderon...por certo o Monstruo das Galletas é un pouco travieso que xa lle metiu un bocado a nosa veliña.

viernes, 18 de octubre de 2013

A MAXIA DAS FOLLAS DO OUTONO


 Esta semana seguimos aprendendo un pouquiño máis dunha estación como é o Outono. Elaboramos con moito coidadiño as nosas follas do outono. Mezclamos moitas cores, dámoslles moitas, moitas voltas...e maxia, aparecen as nosas follas do Outono. Ollade o resultado picando na nosa árbore.






domingo, 13 de octubre de 2013

XOGOS ONLINE

Aproveito para deixarvos na parte de arriba a páxina "XOGOS ONLINE" unha morea de xogos para que pasedes un anaquiño agradable xogando cos vosos raparigos.

viernes, 11 de octubre de 2013

Xogamos no XIMNASIO





A profe Ana ven buscar aos cativiños para que poidan ir ao ximnasio. Están superemocionados...queren ir todos...a profe fixo estas fotiños para que olledes que ben o pasan.





UN GATIÑO

Esta semana, despois de varios días de descanso, chegamos a nosa aula o luns e estaba esperando por nos sentadiño no banquiño do conduct@r un gatiño cunha caixiña, estábamos moi pero que moi sorprendidos... na caixa traía unha nota: "Bos días raparigos, chámome Papelote e veño ao colexio para pasalo requeteben... Xa sei que estades aprendendo un montón sobre o Outono, polo que se me ocurreu traer unha caixiña de noces para que xoguemos todos xuntos con elas.
 Encestamos un montón
de noces.


domingo, 6 de octubre de 2013

RECUNCHOS NA AULA

Ao longo do curso estableceremos na aula en espacios físicos concretos diferenciados (RECUNCHOS), onde os alumn@s xogarán, disfrutarán, crearán, aprenderán, pensarán...recunchos que se irán modificando en función das necesidades e das temáticas que serán tratadas durante o curso escolar.

sábado, 5 de octubre de 2013

BIBLIOTECA VIRTUAL

Deíxovos na nosa biblioteca virtual  algúns dos contos que non podes deixar de contarlles aos vosos pequenos nestas idades. Pouco a pouco irei modificandoos para propoñervos novas ideas. Un saúdo.

Vamos a INFORMÁTICA


Venres primeira hora da mañá, a profe Ana ven a buscar aos raparig@s para ir a aula de informática...están moi pero que moi emocionados. E por suposto moi atentos. 


Picade sobre a foto e poderedes xogar cos vosos cativ@s co mesmo xogo interactivo.

Gifs ANimados Flechas (102)

ADIVIÑA, ADIVIÑA...quen será?

É unha nena que se sentía un pouco triste, entrou na súa habitación e todo cambiou. Alí atopou colgado na parede un cadro cheo de cores, e máis cores. Puxo na súa cabeciña un sombreiro verde e xa se atopaba un pouquiño máis contenta...nos pés un zapatos azuis, uns leotardos amarelos, un vestido moi fermoso de cor rosa...e unha rapariga un pouquiño traviesa...pintou os beizos de vermello, a cara de azul, os brazos con pintiñas laranxas e os dedos con morado...QUEN SERÁ, SERÁ...ollade o video que seguro atopades algunha pista.

Pepe de regreso a súa casa


Hoxe antes de disfrutar do recreo Manuel con moita delicadeza levou a Pepe ao seu campo para poder continuar disfrutando da súa casa, da súa familia e dos seus amigos.

miércoles, 2 de octubre de 2013

LOLA TEN ALAS

Lola leva con nos na aula case que dúas semanas. Cando chegou o primeiro día de cole estaba bastante triste, pero logo se puxo moi pero que moi contenta...debeulle gustar a nosa aula?. Ben, eu creo que o mellor é que lle preguntedes aos vosos raparigos, para que volo expliquen moi pero que moi ben. Xa me esquecía... aquí vos deixo unha foto de Lola...preguntádelles aos alumnos. Gustaríame saber que vos contan.

" UN NOVO AMIGO NA AULA"

Fai uns días dímoslle a benvida ao Outono. Parolamos na asamblea para aprender un pouquiño máis desta estación. Estivemos moi pero que moi atentos coa lectura do conto que leva por título " El Otoño". E como non podía ser doutro xeito fumos de paseo ao campiño que temos o ladiño do noso patio para comprobar se o Outono cubrira todo o campo de folliñas...cada neno apañou unhas pouquiñas... e de repente SORPRESA!!! o noso Víctor atopou no medio da herbiña e xogando un pequeno caracol...collímolo con moito coidadiño para non facerlle pupa.













Hoxe a conductora do tren foi Carlota e decidiu poñerlle de nome ao noso caracoliño "Pepe"...decidimos falar moi pero que moi baixiño para non asustar a Pepe...por certo que non se nos esqueza, hoxe deixámoslle descansar na nosa escola pero mañá decidimos devolvelo ao campiño pois os nen@s din que a súa familia e os seus amigos vanse por moi pero que moi tristes.


Por certo, a semana pasada coñecimos a Caracol e Caracola, o que non sabemos e se serán amigos de Pepe.
 

Para as familias que teñan a oportunidade de poder acceder dende os seus fogares a este xogo, será un bo momento para disfrutar da compañía das vosas criaturas e o mesmo tempo disfrutar do Caracol Serafín, tanto como o farán os vosos nen@s. Facede clic no caracol.