martes, 27 de octubre de 2015

CHEGOU O SAMAÍN


Nesta ocasión decidimos unha vez máis solicitar a colaboración das familias, e como de costume non nos fallaron. Acercaron ao colexio uns monstruiños moi pero que moi terroríficos que axudaron a elaborar aos cativos. Aquí vos deixo unha mostra do bonita que quedou a nosa exposición do Samaín Monstruoso.  A continuación e nos seguintes días, os pequenos tiveron a oportunidade de elaborar cos seus mounstros unha pequena historia... foi toda unha experiencia. Con todos estos contos construimos un libriño interactivo de historias elaboradas integramente polos cativos. IMPRESIONANTE...quedou o traballiño dos pequenos...a volta da festa do Samaín mostrareivos o resultado.
Familias, moitísimas gracias pola vosa colaboración.
Nesta ocasión os alumnos elaboraron para o Samaín as súas pantasmas en forma de tobogán e como é tradición as súas orixinais cabaciñas.

Nesta semana adicada a celebrar o Samaín levamos a cabo unha iniciativa que partíu do Equipo de Normalización Lingúística do colexio: familias dos pequenos achegáronse a contarnos contiños de medo ao colexio. Moitas gracias novamente, ás familias do laciño lila que colaboraron nesta proposta.

ARAÑAS DO SAMAÍN: FELICIDADES CLAUDIA

Como xa fixemos no mes de setembro, nesta ocasión adicamos esta última semaniña do mes de outubro a celebrar o aniversario de Claudia, a pequena xa cumple 5 anos. Foi un día moi especial para ela. Elaboramos a súa coroa con motivos relacionados coa festa do Samaín, cantámoslle o cumpleanos feliz e por suposto soplamos a veliña dos cinco anos, unha vez que elaboramos o noso postre monstruoso... os pequenos pasáronno de medo...

sábado, 17 de octubre de 2015

Presentamos ó panadeiro P, ó leiteiro L, e á señora da montaña M.

O curso pasado coñecimos un país chamado Letrilandia e tamén ós reis que reinaban nel, así como ós tres principiños. Este curso iremos presentando cada semana outros habitantes que conviven coa realeza no pais das Letras. Aprenderemos a trazar os seus vestidiños tanto en maiúscula como en minúscula, aprender a ler e escribir coa axuda deles... unha experiencia inolvidable.




Presentamos ao longo deste mes de outubro a tres novos habitantes do país das letras: o panadeiro P, o leiteiro L e a señora da montaña M. Aprenderemos a leelas e a escribir palabriñas xogando con elas no noso recuncho das letras e dos números. 

Podedes practicar cos vosos pequenos, aquí deixovos algún enlace que pode ser do voso interés
www.escuelaenlanube.com/la letra p
www.escuelaenlanube.com/la letra l
www.escuelaenlanube/la letra m...





sábado, 10 de octubre de 2015

CUMPLEANOS FELIZ!

Como xa explicamos na reunión ás familias o 28 de setembro, este ano decidimos celebrar os cumples dos nosos raparigos por meses. Para celebrar os aniversarios, soplaremos as veliñas,cantaremos o cumpleanos feliz,e por último elaboraremos entre todos unha receta ben, ben sabrosa. David, Daniel e Gabriel estiveron de aniversario no mes de setembro. Preparádevos para votar unha ollada, foi un día moi especial para os tres e tamén para o resto do alumnado. Dispostos a celebrar os aniversarios dos nenos que estaban de cumple en setembro, entramos na aula pola mañá e atopámonos cunha abeliña moi simpática que lucía unha coroa ben bonitiña, explicounos que viña disposta a pasar con nos este curso e que uns paxaros amigos lle contaran, que hoxe celebrábamos uns cumples e quería apuntarse á festa. A nosa encargada do día quixo facer unha fotiño con ela.




LAGARTOS DE ESCHER




Escher, artista holandés conocido polos seus debuxos  teselados. 
Un teselado é un patrón de figuras que cubre unha superficie pero non poden quedar ocos e tampouco superpoñerse figuras, teñen que estar perfectamente empatadas. Concentrados, intentámolo e pouco a pouco fumos capaces de crear un mosaico ben xeitoso.

viernes, 9 de octubre de 2015

MES DE SETEMBRO

Chegou o momento de volver ao colexio. Os nenos cóntanme con moito entusiasmo o ben que o pasaron durante as vacacións de verán. Outro aniño xuntos. Xa somos os maiores de infantil... que rapidiño pasa o tempo. Ao longo deste trimestre iniciamos unha nova aventura que está moi pero que moi relacionada cos DINOSAURIOS. Aquí vos deixo unhas instantáneas da sorpresa coa que se atoparon os pequenos o primeiro día de cole.

Por certo, foi un día cheiño de sorpresas, temos unha nova compañeira, chámase Rebeca Seco Rivas e ven para quedarse (intentamos darlle un montón de abrazos, xogar con ela no patio, ser amigos e amigas dela para que veña moi contenta ao noso colexio. 
Para que os nosos dinosaurios queden encantados nada máis nacer, ocúrresenos a xenial idea de decorar a nosa porta da aula cunha dinosauria, por certo chámase Rosita (Rebeca ponlle o nome, decidimos que sexa ela a que bautice a nosa dinosauria, por acabar de chegar fai uns días ao colexio), participamos todiños na creación de Rosita.

miércoles, 24 de junio de 2015

ANTES DAS VACACIÓNS DE VERÁN

Estas últimas semaniñas estivemos bastante atareados.
FESTA PIRATA

Nestos días celebramos para rematar o noso proxecto da auga a festa pirata, e como non podía ser doutra maneira decidimos ir en busca do Tesouro, que por certo estaba moi pero que moi delicioso.

DESPEDÍMONOS DE LOLA
Despedímonos da nosa Lola que o próximo curso irá a outro colexio. Vámola votar moitísimo de menos. Xa sabe que estivemos encantados de vivir na súa compañía un montón de aventuras ao longo destos dous cursos escolares. Moita sorte na túa nova andadura pequena.





VISITAMOS  A NOSA ALEGRÍA
Cando chegou ó colexio non tiña floreciñas pero coa chegada do bo tempo e co solete que estivo acompañándonos ao longo desta primavera  e por suposto cos cuidados e carantoñas que lle deron os pequenos da aula do laciña lila... así de preciosa está. 



Finalmente quería desexarvos a todas as familias e en especial aos pequenos e pequenas da miña titoría un FELIZ VERÁN... disfrutade todo o que podades deles.

VEMONOS EN SETEMBRO.