lunes, 28 de diciembre de 2015
FELIZ ANO 2016
Moita sorte para todas as familias neste novo ano que está a piques de empezar. Un montón de biquiños e de abrazos para todos os cativiños da miña titoría. FELICES FESTAS!!!!!!
Chegou o Nadal
Os pequenos saben que esta a piques de vir Papá Noel e os Reis Magos as súas casiñas. Para que se alegren moito de pasar polas casiñas de todos os nenos decoramos o noso colexio cunhas manualidades ben xeitosiñas.
Preparamos unha postal ben bonitiña para felicitar a todas as familias da nosa aula. Os pequenos foron os principais protagonistas na creación das mesmas.
Chegou o momento de que os máis pequenos da aula cumplan 5 anos. Irene, Leo e Unai disfrutaron moito deste día no que celebramos o seu cumple. Para que non podan esquecer a nosa celebración como noutros meses, nesta ocasión preparamos o postre: Árbore de Nadal... e como di Candela "está riquísima esta árbore". Votade unha ollada...Preparamos con moita ilusión para poder cantar no festival de Nadal do colexio a panxoliña de "dinosauros no nadal". Podedes ver que ben o fixeron os pequenos se entrades na web do colexio onde está colgado o vídeo da actuación. E para despedirnos con gran alegría do noso proxecto dos Dinosauros preparámoslles aos cativiños das tres aulas unha orixinal festa de dinosaurios... aquí vos deixos unhas instantaneas para que podades comprobar que ben o pasaron os pequerrechos.

domingo, 27 de diciembre de 2015
MARCHAMOS DE EXCURSIÓN
CONTACONTOS EN FAMILIA
Ao longo deste primerio trimestre viñeron a contarnos uns contiños, unhas persoas moi especiais para os pequenos: as súas familias. Unha actividade que lles resulta moi pero que moi atractiva aos cativos nestas idades. Non quería esquecerme de dar as grazas a todas as familias que puideron acercarse ao colexio para poder facer realidade esta actividade.
jueves, 24 de diciembre de 2015
CANTO APRENDIMOS: OS DINOSAUROS
jueves, 17 de diciembre de 2015
OS NOSOS BEBÉS DINOSAUROS
CUMPLIMOS EN NOVEMBRO
máis ricos si cabe.
Presentamos a novos habitantes do PAÍS DAS LETRAS
A señora M da montaña, as súas filliñas as xemelas N e Ñ, a señora do silencio S e a doutora T xa chegaron ao País das Letras. Presentámolas e aprendemos a escribilas e a leelas... os pequenos disfrutaron moito coa súa presencia ao longo deste último mes.
domingo, 15 de noviembre de 2015
FESTA DO MAGOSTO
Entre todos aprendimos dúas cancionciñas ben xeitosas...os pequenos disfrutaron con tanta actividade. Por certo, perdoade polos problemas técnicos que tivemos coa megafonía.
MOITÍSIMAS GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POR ASISTIR E POLA AXUDA.
domingo, 8 de noviembre de 2015
SAÍMOS DE EXCURSIÓN
martes, 27 de octubre de 2015
CHEGOU O SAMAÍN
Familias, moitísimas gracias pola vosa colaboración.
Nesta ocasión os alumnos elaboraron para o Samaín as súas pantasmas en forma de tobogán e como é tradición as súas orixinais cabaciñas.
Nesta semana adicada a celebrar o Samaín levamos a cabo unha iniciativa que partíu do Equipo de Normalización Lingúística do colexio: familias dos pequenos achegáronse a contarnos contiños de medo ao colexio. Moitas gracias novamente, ás familias do laciño lila que colaboraron nesta proposta.

Nesta ocasión os alumnos elaboraron para o Samaín as súas pantasmas en forma de tobogán e como é tradición as súas orixinais cabaciñas.
ARAÑAS DO SAMAÍN: FELICIDADES CLAUDIA
sábado, 17 de octubre de 2015
Presentamos ó panadeiro P, ó leiteiro L, e á señora da montaña M.

Presentamos ao longo deste mes de outubro a tres novos habitantes do país das letras: o panadeiro P, o leiteiro L e a señora da montaña M. Aprenderemos a leelas e a escribir palabriñas xogando con elas no noso recuncho das letras e dos números.
Podedes practicar cos vosos pequenos, aquí deixovos algún enlace que pode ser do voso interés
www.escuelaenlanube.com/la letra p
www.escuelaenlanube.com/la letra l
www.escuelaenlanube/la letra m...
Podedes practicar cos vosos pequenos, aquí deixovos algún enlace que pode ser do voso interés
www.escuelaenlanube.com/la letra p
www.escuelaenlanube.com/la letra l
www.escuelaenlanube/la letra m...
sábado, 10 de octubre de 2015
CUMPLEANOS FELIZ!
LAGARTOS DE ESCHER
Un teselado é un patrón de figuras que cubre unha superficie pero non poden quedar ocos e tampouco superpoñerse figuras, teñen que estar perfectamente empatadas. Concentrados, intentámolo e pouco a pouco fumos capaces de crear un mosaico ben xeitoso.
viernes, 9 de octubre de 2015
MES DE SETEMBRO
miércoles, 24 de junio de 2015
ANTES DAS VACACIÓNS DE VERÁN
Estas últimas semaniñas estivemos bastante atareados.
FESTA PIRATA
Nestos días celebramos para rematar o noso proxecto da auga a festa pirata, e como non podía ser doutra maneira decidimos ir en busca do Tesouro, que por certo estaba moi pero que moi delicioso.
DESPEDÍMONOS DE LOLA
Despedímonos da nosa Lola que o próximo curso irá a outro colexio. Vámola votar moitísimo de menos. Xa sabe que estivemos encantados de vivir na súa compañía un montón de aventuras ao longo destos dous cursos escolares. Moita sorte na túa nova andadura pequena.
VISITAMOS A NOSA ALEGRÍA
Cando chegou ó colexio non tiña floreciñas pero coa chegada do bo tempo e co solete que estivo acompañándonos ao longo desta primavera e por suposto cos cuidados e carantoñas que lle deron os pequenos da aula do laciña lila... así de preciosa está.
Finalmente quería desexarvos a todas as familias e en especial aos pequenos e pequenas da miña titoría un FELIZ VERÁN... disfrutade todo o que podades deles.
VEMONOS EN SETEMBRO.
FESTA PIRATA
Nestos días celebramos para rematar o noso proxecto da auga a festa pirata, e como non podía ser doutra maneira decidimos ir en busca do Tesouro, que por certo estaba moi pero que moi delicioso.
DESPEDÍMONOS DE LOLA
VISITAMOS A NOSA ALEGRÍA
Cando chegou ó colexio non tiña floreciñas pero coa chegada do bo tempo e co solete que estivo acompañándonos ao longo desta primavera e por suposto cos cuidados e carantoñas que lle deron os pequenos da aula do laciña lila... así de preciosa está.
Finalmente quería desexarvos a todas as familias e en especial aos pequenos e pequenas da miña titoría un FELIZ VERÁN... disfrutade todo o que podades deles.
VEMONOS EN SETEMBRO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)